A Biblioteca, un alegre espazo para todos!
Cada martes, a segunda hora, a Biblioteca de Infantil abre as súas portas a uns invitados moi especiais: os grandes lectores de 5ºA de Infantil da profe Natalia! Este martes, tras ler os seus contos favoritos, aproveitaron o final da sesión para estrearse como improvisados "contacontos", creando historias espontáneas para os seus compañeiros , contando coa axuda das marionetas Tom e Tim. Fixérono moi ben, sen timidez e con moita desenvoltura e enxeño! Moi ben valentes!Seguide así!
Lendo moito, gozando, viaxando e ampliando as vosas mentes coas fermosas historias que nos libros se agochan agardando a que as descubrades!
Vémonos o vindeiro martes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario