martes, 28 de marzo de 2023

 Maito Panduro no Club de Lectura de 4º


Maito
e Panduro
Maíto Panduro
de Gonzalo Moure
conquistaron o corazón
dos membros do
Club de Lectura de 4º, coa gran complicidade entre pai e fillo e os seus desexos de volver reunirse e retomar a tranquila vida xuntos nos seus soñados prados do seu idealizado Pacillano. Con Maíto, os seus "chugales", os seus soños, o seu especial modo de comunicarse co seu pai... puidemos profundar no coñecemento dunha cultura diferente á nosa, a do pobo xitano, con outro ritmo de vida, outros hábitos, cunha linguaxe propia... e, o máis importante, permitiunos ver como a necesidade humana de comunicarse e entenderse non acha obstáculos cando sobra vontade para facelo.
Comunicando as súas mensaxes
mediante debuxos en 20 segundos
Os membros do Club coincidiron con
Maito en que unha simple ilustración emite unha mensaxe máis profunda que o que poida transmitirse de modo oral ou escrito. Pois as palabras sobre un papel non son máis que iso: palabras de contido concreto e limitado. Un debuxo, en cambio, di moito máis que unha frase escrita pois cada trazo, cada detalle e a súa localización no papel, pode dar pé a miles de interpretacións e sentimentos. Ao finalizar o debate, os membros do Club aceptaron emular a
O resultado recibiu
moitas interpretacións

Maito., Algúns tentaron transmitir, mediante debuxos, os seus sentimentos (a alegría que a invade cando pasea coa súa nai), preocupacións (a sobrecontaminación do planeta), e plans (xogar o fin de semana coa súa tablet)...mentres os demais debían interpretalos. Unha actividade divertida na que uns e outros comprobaron a capacidade de comunicación e a amplitude de interpretación deste peculiar medio de entenderse. E é que, xa o din os sabios: "Unha imaxe vale máis que mil palabras"!!
Alá onde esteades, alá onde vaiades: Nunca poñades trabas á comunicación!
Non importa a linguaxe, a bo entendedor con boa vontade basta!
Vémonos na próxima sesión!


No hay comentarios: