Este mércores, unha nova edición do Taller de Escritura ao carón da lareira!
A mala idea, de Aloia |
Aloia, tróuxonos "A mala idea".
Co seu relato, a través da súa protagonista Luz, (unha nena con ideas extravagantes que ten unha mala idea, "aínda que non tan mala"), ela lémbranos o importante que é ser responsables, sobre todo á hora de aceptar compromisos, e máis aínda cando estes compromisos incumben á vida e saúde doutros seres vivos como as nosas mascotas. Afortunadamente a mala idea de Luz transfórmase en non tan mala e todo se resolve satisfactoriamente!!
Gael Ú., co seu orixinal relato "Cambio de cuerpos", levounos ao mundo da ciencia-ficción. O seu protagonista: Joaquín Giovanni,Cambio de cuerpos, de Gael |
un inventor cuxa última creación era un dispositivo que intercambiaba as almas e os corpos entre persoas e animais, conduciunos a un interesante mini-debate final: Como sería verse cambiado momentaneamente polo corpo e vida da nosa mascota? Estariamos felices e orgullosos ou nos faría ver o moito que as descoidamos? Como se sentiría a nosa mascota no noso corpo? Levaríanlle os seus hábitos a vivir unha vida "máis humana" que a nosa? Como sería estar dentro do corpo da nosa mascota e non poder comunicarnos cos nosos amigos... Nos levaría a valoralos máis? Ufff...!! Cantas cuestións!...
Rapaces, sodes fantáticos!!
Se queredes saber máis sobre estes interesantes relatos, sumádevos ao noso Taller!!!
E, sobre todo, non deixedes pasar un só día máis sen espertar o gran escritor que dorme no voso cerebro esperando saír do letargo. Garabateade nun papel todas as ideas que volen na vosa cabeza, desenvolvédeas para crear as vosas propias historias, e a continuación transmitírnolas no taller! Estamos a desexar escoitárvolas!!!
Ánimo!
Todos sodes benvidos!!!
Vémonos no próximo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario