lunes, 20 de febrero de 2023

 Quen perdeu un pano?

O Club de Lectura de 4º
gozou estes días coa lectura da obra de
Silvestre Gómez Xurxo: "Ti non xogas".
E, como lle ocorreu a Suso, o protagonista da obra, na súa saída ao recreo o alumnado atopouse un feito insólito: un "pano" arrolándose ao vento entre as ramas das fermosas árbores que dan alegría ao patio!

Pero,
non era un vulgar pano branco! Os membros do Club de Lectura interpretaron enseguida os sinais:
Non! Non era un pano escapado dun tendal dos veciños! Era Phanti que lles traía unha mensaxe!! Así era! Esperaron con ansia o día da reunión do Club. Phanti non lles fallou! Alí estaba, de novo, no seu lugar preferido: "recostado" nun computador !
El foi espectador de todo o ocorrido durante a sesión. Unha sesión moi produtiva na que entre todos sacaron dúas grandes conclusións:

Ninguén ten dereito a decidir quen xoga ou quen non. Aquí xogamos todos!
E:
O mellor modo de facerse respectar, é a actitude dialogante e serena. Nunca a agresividade ou as palabras ofensivas!
A Phanti gustoulle moito este grupo de nenos tan sabios, de modo que, ao finalizar, entregoulles a clave que agochaba entre os seus pliegues para atopar un pequeno obsequio!

En equipo, pronto lograron atopalo! Seguindo as pistas dadas polas claves encontradas con actitudes correctas para resolver conflitos, e descartadas as que non axudaban a resolvelos senon a prolongalos ou empeoralos, puideron descifrar a localización exacta na que os esperaba o seu agasallo.
Con el, escribirán as frases máis importantes que guiarán a súa conduta no seu camiño cara á madurez!

E como colofón, como xa é habitual, Claudia obsequiounos cunha fermosa ilustración personalizada da obra cos seus protagonistas: Suso e Phanti!

Moitísimas grazas, Claudia!!

Xa estamos a desexar ver a túa seguinte creación!!

 

Parabéns Club, sodes fantásticos!
Seguide así!
Vémonos pronto!


 

No hay comentarios: