E, que novas temos dos xa "expertos lectores"?
No nivel máis avanzado, o Club de Lectura do 3º ciclo, reuniuse para comentar a obra de Elisabeth Zöller: "¿Y si me defiendo?".
Por unha banda, o innecesario e inmaturo que resulta utilizar un vocabulario soez para dar renda solta ás nosas decepcións ou expresar os nosos desacordos, e,
doutra banda, a verdeira misión da súa mensaxe: facernos conscientes do importante que é saber comportarnos ante situacións de abuso por parte doutros compañeiros.
Paralelamente, dado que toda conduta obedece a unha causa, reflexionaron sobre a importancia de identificar aos abusones, non como seres con poder (non o teñen en sí mesmos, por iso móvense case sempre en grupo!), senón como individuos con grandes carencias que non saben xestionar (falta de atención ou afecto na súa casa, abuso de irmáns maiores que eles replican no colexio con outros nenos inferiores a eles...) Pescudando cales son as carencias que lles avocan a manifestar a súa conducta de abuso e rebeldía, poderemos axudarlles a sentirse mellor e abandonar a súa actitude.
O contido da obra prometía unha sesión interesante e instructiva, pero a achega persoal dalgún dos seus membros levouna más aló, e transformouna finalmente nunha sesión verdadeiramente moi emotiva!!!
Moitas grazas moz@s pola vosa participación!!
Lembrade sempre todo o que hoxe comentamos,
lede moito e
sede moi felices!!!
Vémonos na próxima!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario