lunes, 20 de febrero de 2023


 Onde está a bici de Selva?

Os membros do Club de Lectura de 3º ciclo atopárona!
Tras a lectura da obra de Mónica Rodríguez:
"A bicicleta de Selva
", os membros do Club viron como esa marabillosa bicicleta que tanta admiración espertara no avoíño da historia e todos os seus compañeiros, materializouse á entrada das súas clases para transportalos dun modo máis "tanxible" ao fermoso mundo dos recordos e as historias inesquecibles cuxa porta lles abriu a lectura da obra. Non faltaba detalle no chapeu de palla utilizado por Selva a modo de transportín: o cómic, os parafusos, o lazo, as caléndulas...
Non! Un momento! As caléndulas desapareceran!
No seu lugar, apareceron, os 3 frascos nos que Selva e o seu amigo, con tanto agarimo, lograron levar o deserto ao seu nostálxico avoíño!

A sesión dese día, discorreu chea de alegría e de moitísima emotividade. Creouse un ambiente moi especial, no que todos os membros quixeron compartir as súas experiencias, falarnos deses obxectos que gardan con moito agarimo porque a medida que foi aumentando o seu desgaste foi aumentando proporcionalmente o seu "valor sentimental"... Quedóusenos corta a sesión! Naturalmente, as conclusións saían a gallarón:
As cousas antigas fálannos de miles de historias vividas que as fan insubstituíbles!
As nosas palabras son unha arma tan poderosa que pode levantarnos o ánimo ata o máis alto ou, mesmo, transportarnos ao estrañado lugar máis afastado facéndonos sentir os seus aromas, sentir as súas brisas ou escoitar os seus sons. Ese é o poder das nosas palabras!
Os nosos avoíños, son o noso valioso nexo cun pasado que debemos indagar, compartir e coñecer. Por iso é importante falarlles, preguntarlles e escoitarlles!!!

É moi importante respectar os costumes, historia e tradicións doutras culturas, por iso debemos coñecelas antes de xulgalas...

E moitas perlas máis! E é que son uns mozos e mozas cun gran corazón e unha mente moi sabia!
E as caléndulas?

Apareceron finalmente!
"Caéranselle" a Selva!
En equipo, utilizando como GPS as pistas que Selva agochou na súa propia bicicleta, puideron descifrar a localización exacta na que á alegre Selva se lle "caeran" as súas fermosas flores xunto cun pequeno obsequio que lles traía por compartir con ela a súa fermosa historia!


Sodes maravilosos!
Seguide así!
Vémonos na próxima sesión!!


No hay comentarios: