lunes, 6 de febrero de 2023

 E os amantes da lectura?

Os nosos ávidos lectores do Club de Lectura de 4º, no seu primeiro encontro, compartiron a obra de Barbara Cantini: "Mortiña, unha historia para esmendrellarse de risa".


E, tal como vaticina a súa autora no título, a súa lectura resultoulles en grao sumo divertida.  Á diversión do guión sumouse o factor sorpresa da súa estructura, pródiga en ilustracións detalladas das que os lectores non deixaron pasar por alto o máis mínimo detalle!

Para culminar a sesión, esperáballes unha sorpresa moi especial: ás furtadelas, observábanlles 2 invitados moi peculiares! 
Os  protagonistas da historia, Mortiña e o seu inseparable e fiel amigo, o seu can Tristeiro,  quixeron premiar a súa fidelidade lectora cun pequeno agasallo: o seu novo caderno de notas (imprescindible para todo bo lector!!)

E, na seguinte reunión...
Un aplauso para Claudia, que alegrounos a seguinte sesión cunha réplica exacta dos entrañables protagonistas Mortiña e Tristeiro, sobre o seu flamante bloc de notas!!!



Os lectores marcháronse encantados desexando atoparse xa na reunión do seu seguiente libro: "Ti non xogas", de Silvestre Gómez Xurxo.

 

Vémonos pronto!!!


No hay comentarios: