jueves, 25 de junio de 2020

26  Xuño

Momento de ser agradecidos: O noso agradecemento a todas a persoas e institucións que nos axudaron a desenvolver o noso Proxecto: "Coñezo Galicia"


Emprender un Proxecto require un  gran esforzo e levalo a cabo precisa de moita colaboración.


 Desde o Equipo de Biblioteca, agradecemos a todo alumnado e Familias que colaborastes activamente en todas as propostas que fixemos e tamén a todas aquelas persoas e institucións que o fixeron posible facilitándonos a información e o material necesario.
Gracias ao Centro de Atención ao Cidadán do centro de Turismo da Xunta de Galicia na Coruña, á
Oficina Municipal de Turismo de Lugo, á Casa do Mapa dependente da Cartoteca de Pontevedra, á Oficina Municipal de Turismo de Ourense, á Oficina Técnica do Servicio de Arqueoloxía de Santiago, á Turismo Rías Baixas da Diputación de Pontevedra, e de maneira moi especial, queremos agradecer a Paz Varela (do Servicio de Arqueoloxía de Santiago) e a Sheila Montenegro (de Turismo Rías Baixas da Diputación de Pontevedra) pola súa gran mostra de profesionalidade, infinita paciencia e gratificante disposición de colaboración con noso proxecto.


Moitísimas gracias a todos!

NOTA: A situación atípica vivida desde as últimas semanas do segundo trimestre, impediunos rematar todos os elementos do Proxecto tal como estaba previsto. Pero, non vos preocupedes porque, á volta, dedicaremos un tempo a rematalo!






No hay comentarios: