25 Xuño
Un novo curso chegou ao seu fin
Cando a temperatura advirte que o verán se aproxima e, con el, chega o soñado descanso tras 10 meses de duro traballo para sacar o máximo rendemento ao noso tempo, certo nerviosismo e inquietude se apodera do ambiente escolar.
O remate do curso escolar se semella ao remate do curso dun río que, tras salvar estreitamentos, cambios e recuperación do sentido do seu fluxo tras os meandros, obstáculos e barrancos, desemboca no seu final nunha bulliciosa e alegre cascada. Como o noso río Xallas, (o único río de Europa que desemboca en cascada. Que ata niso somos Terra de exclusividade! Aproveitamos para invitarvos a coñecela aos que non a haxades visitado nunca, como parte do Proxecto!)

Pero, como o río que tras a bravura e velocidade do seu curso alto, preséntase tranquilo mostrando a súa máxima quietude cando chega ao seu fin, este curso terminou así mesmo dun modo diferente ao habitual: sen a emotividade e o nerviosismo característico que comeza a sentirse nos pasillos, patios e aulas, xa nos últimos días do mes de Maio.
Sen dúbida, vivimos un final atípico: non puidemos despedirnos dos nosos compañeiros coa alegría que produce o traballar e compartir xogos e ilusións ata o final, gozando xuntos as festas de despedida e as gradacións. Pero, non olvidedes que seguiremos aquí e que, no futuro, calquera momento será propicio para vivir a alegría do reencontro.
Para algúns, este verán será só unha paréntese como outros. Para moitos será a barreira que os separa dun "mundo" novo:
Para os que deixan atrás ás súas queridas profesoras de Educación Infantil, á volta espéralles un escenario moi diferente (patio compartido cos "maiores", novos profesores e materias, novos espazos e métodos de traballo...).
Para os que deixan atrás o CEIP, xa non hai "volta". O final do verán suporá para eles o paso a un "centro de estudio" diferente, con profesores e compañeiros cos que nunca antes compartiron patio nin festividades.
- A todo o personal e Familias que ao regreso volveremos a reencontrarnos aquí para emprender con ilusión e alegría un novo curso,
- A vos, alumnos que emprenderedes unha nova etapa da vosa vida no IES Santa Irene, no Instituto Politécnico ou en calquera outro colexio da cidade, e
- A vos, compañeiros profesores que no novo curso compartiredes a vosa sabiduría e a vosa experiencia cos afortunados compañeiros e alumnos dun novo centro,
A todos,
desde o Equipo de Biblioteca,
vos desexamos un
moi feliz verán!
moi feliz verán!
Cascada de Ézaro. Río Xallas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario