jueves, 11 de junio de 2020

11 Xuño


Temos novas: Xa están listos os diplomas!


Informamos a todos os ávidos lectores que se involucraron tanto coas súas Familias na proposta  "Le cos teus", dando tan  loable exemplo, que xa están listos os diplomas que certifican a súa gran labor como transmisores do  recomendable hábito de lectura na casa, toda a familia xunta. 


Noraboa a todos os merecedores deste especial recoñecemento polo que significa poseelo:
Ser un gran lector é unha gran ventaxa para abrir a mente, adquirir amplio vocabulario, dispor de  fluidez verbal para expresarse con seguridade, transmitir con máis precisión e exactitude o que se sinte ou se pensa...
Todos son beneficios!


Como di o sabio dito: ler moito pon a dieta a ignorancia
de modo que, seguide así, lendo moito






No hay comentarios: