8 de Xaneiro
Regreso ás aulas!
Orden, Novos Manga, Taller de Escritura, Club de Lectura... vos esperan!
| El último día de clase los Auxiliares trabajaron muy duro para dejarlo todo listo para el regreso. Gracias chicos! |
Ante o inminente regreso á actividade escolar tras estes marabillosos días de descanso, fagamos un pequeno repaso do que debemos recordar:
1º. Os eficaces e diligentes Auxiliares de Biblioteca non quixeron comezar as súas vacacións sen asegurarse que ao regreso atopariades todo no seu correspondente lugar. Esperamos que neste trimestre todos contribuades a facer máis fácil e menos laboriosa esta tarefa! Contamos con todos vós!
2º. Non esquezades que xa dispoñedes de novos fondos:
2º. Non esquezades que xa dispoñedes de novos fondos:
- os esperados tomos de arte Manga! e
- as interesantes obras suxeridas pola profesora Silvia de Pranayama!
3º. Debido á apertada axenda das últimas semanas pospuxéronse o Taller de escritura e o Club de Lectura para a volta.
![]() |
| Tenéis una cita con Edna López en el enlace! |
4º. O Club de Lectura realizarase... ao longo desta semana! Atentos ás pistas!! E a reunión conxunta realizarémola o martes 14!! Vinde preparados!!
Sabiades que a historia fantástica sobre Kola, ten o seu parte de realidade?
Para os ávidos de coñecementos, os famentos de datos curiosos e os que simplemente gozan descubrindo e acumulando na súa "base de datos" todo tipo de informacións interesantes ou cando menos curiosas, podedes ver neste enlace que vos deixamos, o motivo polo cal a autora, Edna López, escribiu esta obra, coa que gañou o XIX Premio Edebé Infantil. En que se inspirou? En datos reais? Pescudádeo!

|
Cando saibades en que obxecto se inspirou, buscade a información necesaria sobre el para recoñecelo. Máis cerca ou menos preto atoparedes unha réplica con máis pistas!
Ánimo e sorte!!!
|

No hay comentarios:
Publicar un comentario