14 Xaneiro
Interacción coa Ciencia!
Os alumnos e alumnas de sexto realizaron o pasado 14
de xaneiro unha visita aos museos científicos da Coruña.
Dende logo foi unha
experiencia estupenda xa que pudieron ver o acuario, a Casa das Ciencias cunha
sesión no Planetario e o Domus.
Foi un día moi completo e pasárono moi
ben.
Si algún de vos aínda non os coñece, atentos á ilustrativa reportaxe que a profesora Rocío elaborou da aventura. As imaxes convidan a visitalos!
Está claro que o coñecemento e a diversión poden conxugarse perfectamente!
Noraboa rapaces!
Como anécdota para o Proxecto "Coñezo Galicia": Gracias á Casa das Ciencias, fundada no 1981 como lugar ideal para comprender aspectos científicos da vida cotidiana, dun modo moi sinxelo, experimentando e interactuando, Galicia contou co 1º museo interactivo de titularidade pública de toda España.
E o Domus, foi o 1º museo interactivo en tratar o ser humano dunha forma global e monográfica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario