miércoles, 9 de diciembre de 2020
MÉRCORES DE RECOMENDACIÓN COA PROFE CHELO
miércoles, 2 de diciembre de 2020
Mércores de recomendación coa profe Conchi
jueves, 19 de noviembre de 2020
20 DE NOVEMBRO- DÍA UNIVERSAL DO NENO/A
Que ocorre o día 20 de novembro?
Para SABER MÁIS: O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal do Neno/a e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).
![]() |
"Crianzas" Sebastiao Salgado (TASCHEN) |
Para PRIMARIA:
![]() |
CLICK |
Para INFANTIL:
![]() |
CLICK |
Para REFLEXIONAR sobre este tema, gustaríanos ver que cousas pensades que cambiaron para os nenos e nenas do mundo, pero tamén, que cousas cambiaron para vós, víronse minguados os vosos dereitos?
Doutra banda, en que estades a axudar para mellorar a situación? Para contarnos todo isto, podedes elaborar un debuxo acompañado dunha carta, ou unha redacción a modo de historia....Seguro que saen cousas moi interesantes!
Un saúdo, o equipo da biblioteca.
miércoles, 18 de noviembre de 2020
MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA MESTRA MARÍA
miércoles, 4 de noviembre de 2020
MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS CO MESTRE CIBRÁN
Un saúdo
miércoles, 28 de octubre de 2020
MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA MESTRA INMA
Este mércores é a quenda de nosa mestra Inma de 6º A, que con moito amor déixavos as súas recomendacións.
Quizá no seu vídeo atopedes o que será o voso libro favorito, ou unha peli que recomendar a alguén nun futuro!
lunes, 26 de octubre de 2020
100 anos de Gianni Rodari
Bos días lectores e lectoras!
O 20 de Outubro foi un día moi especial, un dos vosos autores preferidos estivo de centenario.
Escribiu cousas como: Veinte historias más una, Érase dos veces el barón Lamberto, Cuentos para jugar Cu-Cú, Cuentos por teléfono...
Xa o adiviñastes?
Efectivamente: GIANNI RODARI!
Pero... e Quen era Gianni Rodari? Aquí contámosvos quen era, que facía e tamén vos deixamos algunhas propostas do autor para traballar coas palabras. Creando, mezclando, retorcendo, investigando, imaxinando, e buscando un sinfín de posibilidades! Animádesvos a probar?
Un saúdo dende o equipo de biblioteca!
lunes, 19 de octubre de 2020
Día das bibliotecas escolares - Xeografías literarias
Bos días a todos e todas!
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro.
Dende a biblio do noso cole queremos destacar o importante papel que xogan as bibliotecas, encargadas de ofrecer acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento baixo calqueira circunstancia. E aínda que poidan vir anos atípicos, a biblioteca seguirá sendo o motivo polo que moitos e moitas achegadesvos á lectura dende ven pequenos/as, da man dos vosos familiares e dos vosos profesores/as.
As bibliotecas son un recurso fermosisimo para toda a comunidade educativa, e están sempre ao noso carón.
E aínda que a nosa biblioteca permaneza pechada ao público queremos seguir abrindoa ao mundo, así poís vos propoñemos que nos contedes: Onde te levou a túa última lectura? De onde eran os personaxes da obra?
Neste mapa podedes ir deixando o nome da vosa última obra lida, marcando xeográficamente de onde eran os personaxes da obra.
PARA FACELO:
- PREME NO AVIÓN
- NO MAPA CREA UNHA CAPA
- NOMEA A CAPA CO TÍTULO DA OBRA
- ENGADE A LOCALIZACIÓN AO MAPA
jueves, 25 de junio de 2020
25 Xuño
Un novo curso chegou ao seu fin
O remate do curso escolar se semella ao remate do curso dun río que, tras salvar estreitamentos, cambios e recuperación do sentido do seu fluxo tras os meandros, obstáculos e barrancos, desemboca no seu final nunha bulliciosa e alegre cascada. Como o noso río Xallas, (o único río de Europa que desemboca en cascada. Que ata niso somos Terra de exclusividade! Aproveitamos para invitarvos a coñecela aos que non a haxades visitado nunca, como parte do Proxecto!)
Para algúns, este verán será só unha paréntese como outros. Para moitos será a barreira que os separa dun "mundo" novo:
Para os que deixan atrás ás súas queridas profesoras de Educación Infantil, á volta espéralles un escenario moi diferente (patio compartido cos "maiores", novos profesores e materias, novos espazos e métodos de traballo...).
Para os que deixan atrás o CEIP, xa non hai "volta". O final do verán suporá para eles o paso a un "centro de estudio" diferente, con profesores e compañeiros cos que nunca antes compartiron patio nin festividades.
- A todo o personal e Familias que ao regreso volveremos a reencontrarnos aquí para emprender con ilusión e alegría un novo curso,
- A vos, alumnos que emprenderedes unha nova etapa da vosa vida no IES Santa Irene, no Instituto Politécnico ou en calquera outro colexio da cidade, e
- A vos, compañeiros profesores que no novo curso compartiredes a vosa sabiduría e a vosa experiencia cos afortunados compañeiros e alumnos dun novo centro,
moi feliz verán!
![]() |
Cascada de Ézaro. Río Xallas |
26 Xuño
Momento de ser agradecidos: O noso agradecemento a todas a persoas e institucións que nos axudaron a desenvolver o noso Proxecto: "Coñezo Galicia"
Emprender un Proxecto require un gran esforzo e levalo a cabo precisa de moita colaboración.
Desde o Equipo de Biblioteca, agradecemos a todo alumnado e Familias que colaborastes activamente en todas as propostas que fixemos e tamén a todas aquelas persoas e institucións que o fixeron posible facilitándonos a información e o material necesario.
Gracias ao Centro de Atención ao Cidadán do centro de Turismo da Xunta de Galicia na Coruña, á
Oficina Municipal de Turismo de Lugo, á Casa do Mapa dependente da Cartoteca de Pontevedra, á Oficina Municipal de Turismo de Ourense, á Oficina Técnica do Servicio de Arqueoloxía de Santiago, á Turismo Rías Baixas da Diputación de Pontevedra, e de maneira moi especial, queremos agradecer a Paz Varela (do Servicio de Arqueoloxía de Santiago) e a Sheila Montenegro (de Turismo Rías Baixas da Diputación de Pontevedra) pola súa gran mostra de profesionalidade, infinita paciencia e gratificante disposición de colaboración con noso proxecto.
miércoles, 24 de junio de 2020
22 Xuño
"Coñezo Galicia". Un Proxecto para coñecer e descubrir a grandeza da nosa Terra.


Non esquezades mirar con outros ollos ao rededor cando saiades á rúa, cando deades un paseo, cando vaiades de visita a outro pobo, cando gocedes duns días de descanso en calquera lugar da xeografía galega, porque, se unha cousa quedounos clara co proxecto, é que en calquera recuncho, en calquera momento nunha beirarrúa, no muro dunha sinxela casa, no valado dun xardín ou horta, nun cruzamento de camiños, no terreo adxacente á estrada ou camiño polo que os nosos pasos discorran, poderemos atoparnos un importante elemento patrimonial, que, clasificado ou non como "BIC" (Ben de Interés Cultural), ou figure ou non na listaxe do "Patrimonio da Humanidade" da Unesco, será sen dúbida un elemento distintivo da fortaleza, enxeño, fe, pensamento, unión e cultura dos nosos antepasados de quen debemos sentirnos sempre moi orgullosos. Un pobo que non se sente orgulloso do seu pasado, renega da parte máis importante de si mesmo, pois, as súas loitas, acertos e erros son os que lle confiren a identidade presente.
Observade pois cada escudo, hórreo, capela, cruceiro, muíño, fonte, ponte ou viaducto... con respecto e coa sobriedade que todo anaquiño de historia merece. Non vexades simples cheas de pedras, senón a historia que vos contan.
Aproveitade o aprendido para aplicalo e ver a gran riqueza que ata o de agora pasaba desapercibida aos vosos ollos.

Tedes a fortuna de vivir nun pobo cunha extensa e arraigada historia, coñecédea, descubrídea, aproveitádea, gozádea...
jueves, 18 de junio de 2020
17 Xuño
Xa están aquí as vacacións de Verán!
Dous largos meses para facer moitas cousas: xogar, viaxar, aprender... Pero non olvidedes que todo iso e moitas máis cousas poden facerse tendo ao lado un bo amigo: un libro!
Só tedes que elexir o adecuado a cada ocasión e o verán será perfecto!
Un libro pode acercarnos a calquera tema: á historia da nosa terra, aos enigmas da natureza, ás causas dos diferentes climas, á vida submarina, aos inventos máis curiosos de todos os tempos, aos versos máis simpáticos, ás historias policiacas máis enreversadas, ás incombustibles bandas desinadas...
En fin, que hay un libro para cada cousa, cada gusto e cada necesidade. De modo que, este verán, lede e lede moito!!
O que hoxe leades, permitiravos mañá opinar!
E si non sabedes por donde empezar, aquí encontraredes algunhas boas suxerencias:
https://view.genial.ly/5eea59998bed1e0d935554a4/presentation-recomendacions-lectoras-de-veran
sábado, 13 de junio de 2020
12 Xuño
Pranayama, vuestro rincón de crecimiento interior, os da las gracias
Podéis acceder a él en este enlace:
viernes, 12 de junio de 2020
11 Xuño
Xa está exposta a Torre de Hércules!
jueves, 11 de junio de 2020
11 Xuño
Temos novas: Xa están listos os diplomas!
viernes, 5 de junio de 2020
5 Xuño
Xa está aquí! Xa chegou "O Papagaio"!
¿Por que dan luz os vagalumes?