domingo, 29 de octubre de 2023

 

17 Outubro 2023


"ARTELLANDO" no Chouzo!

Continúa o bule bule da Biblioteca!

E transmítese a todo o colexio!  


Os corredores énchense de carteis anunciando o que se aveciña!

Pero só dentro e fóra da biblioteca? E nas aulas?

Tamén! 

Así se prepararon os potenciais lectores de 3 aniños, coa súa profesora Maribel, para coñecer á súa mascota favorita: Leolo! Facendo honra ao novo proxecto, xa se puxeron a "Artellar" e modelaron un Leolo propio moi peculiar!! Parabén artistas!!




E é que o novo proxecto da Biblioteca anima a todos á acción e vén cargadiño de novidades e sorpresas!










Ánimo! Falta menos!



 10 Outubro 2023

Xa estamos de volta! Menudo traxín!


Achégase o día tan esperado: 

A reapertura da nosa Biblioteca!

Unha reapertura chea de sorpresas!

E todo ten que estar a punto para recibir de novo aos ávidos lectores que con tanta ansia esperan para visitala! O equipo funciona a toda máquina! Todo está xa preparado: 

Os libros debidamente colocados nos seus andeis; os novos clasificadores no seu punto correspondente para facilitar que non haxa equívocos (A orde é moi importante! (Cada libro debe estar no seu lugar, non o esquezamos!); os novos pasaportes esperan xa aos seus donos; as mochilas viaxeiras están xa listas con novos libros e algunhas novidades (non só para os pequenos lectores senón tamén para os seus papás: unha carta de Leolo, o “Decálogo dunha Familia comprometida coa Lectura”e algúns "consellos" especiais para momentos especiais do día a día en familia)…

E as invitacións ás familias?

Tamén enviadas! E é que unha das innovacións de este curso é que habrá unha sesión moi especial na Biblioteca os últimos venres do mes pola tarde: "CONTACONTOS DE FAMILIAS" !

Que emoción!

Os titores xa recibiron a vosa carta de invitación!

Soamente queda esperar un pouquiño! Un nada! 

Ánimo!



domingo, 2 de julio de 2023

 E no verán, a LER MOITO!

O verán proporciónanos múltiples momentos nos que gozar dun bo libro pode ser a mellor opción de entretemento, e mesmo, en determinadas ocasións de dilatadas esperas en plataformas ou salas de espera, é a única opción .

Por iso, debemos aproveitar todos os momentos que nos brinda o noso descanso para potenciar o seu gusto nos principiantes da familia, promovela nos xa iniciados e facilitala aos que xa se definen como amantes lectores .

Aquí deixámosvos tan só algunhas suxerencias. Posto que o abanico de títulos e editoriais é moi amplo, e os gustos de cada lector moi diferentes. Cada un ha de elixir o que se corresponda coa súa necesidade ou a súa "apetencia" en cada momento.

Se non fose posible acceder ao genially, podedes acceder mediante este enlace:

https://view.genial.ly/64a0293c74f671001ae82aa7/presentation-la-magia-de-la-lectura


OLLO! Para ver mellor cada título só tedes que facer "clic" sobre cada un deles e expandirase para apreciar mellor o seu título.


O Equipo de Bibioteca desexa a toda a Comunidade Educativa e as súas familias un moi
Feliz Verán!

 Festa de Premios por unha gran labor na Biblioteca


Os últimos días foron de gran
traxín na Biblioteca. Pero, esta vez, non se debía á constante visita de amantes da lectura querendo gozar duns momentos de pracenteira lectura no entrañable recuncho da sala, senón pola gran festa de entrega de premios cos que a Biblioteca quixo recoñecer e agradecer o gran labor e a participación masiva do alumnado en todas as actividades de lecer e de coidado da mesma.

Todo o alumnado quixo estar presente, e a sala encheuse
dun público moi animado que aplaudiu e animou fervorosamente a todos os agasallados.

A directora da Biblioteca, a profesora María, dirixiu un emotivo discurso a todos os presentes, agradecendo o seu labor e animando a todos a seguir os mesmos pasos no próximo curso. Conta coa súa colaboración!

A profesora María anima a todos
a seguir colaborando e disfrutando

A continuación, foi nomeando un a un e entregando os merecidos premios :

A profesora María premia aos
Auxiliares de Biblioteca
Aos Auxiliares de Biblioteca que tanto traballaron, non só na orde e apoio aos usuarios, senon tamén na posta a punto dos préstamos poñendo o seu gran granito de area no traspaso ao novo sistema Koha.

A profesora María premia ao
 Taller de Escritura

Aos participantes nos diversos Talleres de Escritura


E, por último, aos membros de ambos Clubs de Lectura de 4º e de 5º
A profe María premia ao
Club de Lectura de 4º
A profe María premia ao
Club de lectura de 5º


Todos eles recibiron o seu correspondente diploma de participación así como un pequeno obsequio de recordo.


Noraboa ! Foi un gran día para todos!

Esparámosvos no vindeiro curso!!!


martes, 27 de junio de 2023

I Torneo de Damas

Co curso dando xa as súas últimas rabexadas, a Biblioteca segue vibrando e convocando aos seus usuarios.
O novo
recuncho de lectura segue dando que falar! É o gran descubrimento de grandes e pequenos e todos apuran ao máximo os minutos do recreo para gozar del! Os seus últimos visitantes, os alumnos de 4 anos da profe Natalia, gozaron de xeito abondo!

Por outra banda, as últimas semanas, os amantes de botar un
pulso entre as suas neuronas, déronse cita no
I Torneo de
Damas!
Iván y Yoel en un reñido juego
A medida que as contendas se sucedían, algúns nomes comezaban a soar como favoritos. Algúns deles, repetían diversión tras quedar finalistas no I Torneo de Xadrez finalizado hai escasas semanas: Mafalda, Iago, Marcos
Gael contra Jon
Los hermanos Iván y Hugo

...

Pero, a medida que as xornadas avanzaban, os rivais foron caendo rendidos ante a pericia de dous únicos xogadores que se declararon rivais sen igual chegando a gran final.
A final entre ambos, mostrounos ao vencedor.
Bravo a ambos polo seu gran xogo.
Jon recibe el premio de manos de
la Directora de la Biblioteca: María

La directora de la Biblioteca, María,
hace entrega del premio a Yoel
















Parabén!!

Vémonos no próximo torneo, o próximo curso!




jueves, 25 de mayo de 2023

O NOSO NOVO RECUNCHO DE LECTURA

Durante estes días os nenos e nenas do Chouzo estrearon un novo recuncho na biblioteca.


O recuncho apareceu de sorpresa para ofrecer aos nenos e nenas momentos compartidos de lectura, de relaxación, contacontos... etc. Un dos grandes obxectivos da biblioteca durante este ano era renovar os nosos espazos pensando en que respondesen a todas as necesidades do noso alumnado.


Desta maneira a biblio comeza un camiño novo enfocado en pensarse como un espazo multidisciplinar no que o amor polos libros sexa o fío condutor.

Os días foron pasando e a nosa biblioteca dirá adeus durante este curso o 31 de maio, a partir dese día permanecerá pechada ata setembro. Lembrade que todos/as aqueles/as que teñades libros en casa teredes que ir devolvéndoos á biblio aos poucos para que estean dispoñibles o seguinte curso. 

Lembrade que o horario de biblioteca polas tardes é de luns a venres de 16:00 a 17:00h.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración, por estar presentes outro ano máis e formar parte da nosa gran comunidade.

Unha aperta grande, o equipo de biblioteca!


martes, 16 de mayo de 2023

 Dowm

O pequeno fragmento da vida de Roi tentando descubrir por que o seu querido primo Guille é diferente, colouse no Club de Lectura de 4º.

As opinións sobre esta divertida e tenra historia de An Alfaya foron variadas, pero todos coincidimos nas conclusións:

--"Observemos a vida desde todos os diversos ángulos". Non quedemos só co preestablecido.Como descubre Roi, contar flores en lugar de ovelliñas (que é o que fai todo o mundo para quedar durmido ), tamén é divertido!

--"Ser "margaridas azuis" nun mundo dominado por margaridas brancas, non nos fai diferentes, senón que nos fai especiais, únicos".

Ao compartir experiencias, o debate da importancia das pequenas diferenzas leváronnos aínda máis lonxe nas conclusións:

Son os nosos pequenos xestos cotiáns os que nos diferencian dos demais e fannos únicos.

Por exemplo: actuar correctamente cando todos ao redor actúan con deixamento, anticiparnos a colaborar antes de que nolo pidan, mostrar aos demais sempre un sorriso aínda nos malos momentos... Cada un destes pequenos xestos convértenos en seres especiais, en margaridas brancas nun campo de mapoulas, en margaridas azuis nun verxel de margaridas brancas.

Moi ben rapaces!

Nunca esquezades ser margaridas azuis!



Volveu o Xadrez a 5 anos


 E volveu cun taboleiro XL á altura das
circunstancias, pois á
nova sesión de xadrez dos alumnos de 5 anos da profesora Sara, foron convidadas xa todas as figuras!
Torres, Alfiles, Damas, Reis e Cabalos foron ocupando progresivamente os seus correspondentes postos e movéronse con destreza polos cadros brancos e negros segundo as normas do seu status. Adquiridos os movementos básicos, a próxima vez que se verán será xa na súa primeira contenda de "xadrez vivente"!
Ánimo e a divertirse!!!


 Unha historia con "moito fío"!

O Club de Lectura de 5º,
gozou estas semanas coa lectura da obra
de
An Alfaya: "O
fio vermello". Un relato tan tenro que nos leva case a sentir o desexo de ter dous irmáns como Carlo e Nicola para compartir o seu sólido amor fraternal e a súa complicidade. E é que, alleo aos tan típicos celos, envexas, peleílllas ou enfados ocasionais típicos entre irmáns, Nicola está presente na vida de Carlo só para proporcionarlle os momentos máis felices da súa vida, compartindo o seu amor pola astronomía e a observación do firmamento... Nada hai na actitude de Nicola que lle impida a Carlo confiar cegamente no seu irmán, ata o punto de que, aínda cando as circunstancias son totalmente adversas, nada lle fai dudar que Nicola volverá a casa para cumprir a súa promesa! Unánimemente, todos chegaron as mesmas conclusións, e a todos lles pareceu:
-Unha fermosa lectura que podería inspirar a moitos irmáns para substituír os seus inútiles e constantes "desacordos" por unhas boas doses de complicidade. O seu exemplo podería lembrarlles o importante que é valorar a fortuna de terse uns a outros e verse como aliados e non como "adversarios a bater" ou como "insignificantes" só polo feito de ser os máis pequenos! -
Por suposto, todos os membros do Club descríbense a si mesmos como os mellores irmáns do mundo!!
Seguide así !
Marabillosos irmáns, excelentes compañeiros... e grandes lectores !!

Vémonos na seguinte!




martes, 2 de mayo de 2023

 Un Taller de Escritura cargado de historias!

Unha vez máis, os amantes da pluma déronse cita no
Taller de Escritura para compartir as súas últimas creacións.
Diversos estilos e tramas fixéronnos vivir momentos de tensión ao longo do seu desenvolvemento, e momentos divertidos coas peculiaridades excéntricas dalgúns dos protagonistas creados a golpe de
estilográfica. Un gran éxito!
Moitas grazas Aloia, Martín, Gael, Clara e Miguel por deleitarnos con tan curiosas historias!
Volvede a poñer a punto a vosa imaxinación porque nos vemos no seguinte!
Xa nos tarda!


 Unha sesión de Contacontos moi especial!!

Tamén os alumnos e alumnas de 5 anos
acudiron á Biblioteca coa
súa
profesora Sara para gozar dunha divertida e enriquecedora sesión de lectura. A
índa que lles agardaba unha sorpresa! Os libros non tiveron descanso! Todos os exemplares espertaban o seu interese!

Ao final, un nutrido grupo que gozara cos seus libros preferidos, transformaron a sesión de lectura nunha exitosa sesión improvisada de contacontos coa súa profesora como protagonista!
Seguide así campeóns, amando a lectura!


"Os 3 cerditos"  adáptanse aos novos tempos!

A Biblioteca de Infantil, viviu unha nova invasión de mentes
espertas ávidas de aventuras! Transcorrido o período non lectivo entregados á inxesta de roscas, procura de ovos e demais actividades propias da Pascua, o alumnado de
4 anos da Profesora Natalia recuperou as súas sesións mixtas de Lectura e Contacontos.

Estes
devoradores de aventuras regresaron cargados de enerxía e de desexos de compartir as súas historias preferidas con todos os seus compañeiros. Esta vez foi a quenda de Enara, Roi, Ían e Camila. Axudados por Tom e Tim,

deleitáronnos cunha versión moi orixinal de "
Los 3
cerditos", na que cerditos e lobo adaptáronse moi ben aos novos tempos e compartían un dominio espectacular das novas tecnoloxías!! Ha, ha, ha...
Desbordante imaxinación, espectacular creatividade e asombrosa capacidade de improvisación!!.
Seguide así campións! Sodes fantásticos!!