martes, 16 de mayo de 2023

 Unha historia con "moito fío"!

O Club de Lectura de 5º,
gozou estas semanas coa lectura da obra
de
An Alfaya: "O
fio vermello". Un relato tan tenro que nos leva case a sentir o desexo de ter dous irmáns como Carlo e Nicola para compartir o seu sólido amor fraternal e a súa complicidade. E é que, alleo aos tan típicos celos, envexas, peleílllas ou enfados ocasionais típicos entre irmáns, Nicola está presente na vida de Carlo só para proporcionarlle os momentos máis felices da súa vida, compartindo o seu amor pola astronomía e a observación do firmamento... Nada hai na actitude de Nicola que lle impida a Carlo confiar cegamente no seu irmán, ata o punto de que, aínda cando as circunstancias son totalmente adversas, nada lle fai dudar que Nicola volverá a casa para cumprir a súa promesa! Unánimemente, todos chegaron as mesmas conclusións, e a todos lles pareceu:
-Unha fermosa lectura que podería inspirar a moitos irmáns para substituír os seus inútiles e constantes "desacordos" por unhas boas doses de complicidade. O seu exemplo podería lembrarlles o importante que é valorar a fortuna de terse uns a outros e verse como aliados e non como "adversarios a bater" ou como "insignificantes" só polo feito de ser os máis pequenos! -
Por suposto, todos os membros do Club descríbense a si mesmos como os mellores irmáns do mundo!!
Seguide así !
Marabillosos irmáns, excelentes compañeiros... e grandes lectores !!

Vémonos na seguinte!




No hay comentarios: