Festa de Premios por unha gran labor na Biblioteca
Os últimos días foron de gran traxín na Biblioteca. Pero, esta vez, non se debía á constante visita de amantes da lectura querendo gozar duns momentos de pracenteira lectura no entrañable recuncho da sala, senón pola gran festa de entrega de premios cos que a Biblioteca quixo recoñecer e agradecer o gran labor e a participación masiva do alumnado en todas as actividades de lecer e de coidado da mesma.
Todo o alumnado quixo estar presente, e a sala encheuse dun público moi animado que aplaudiu e animou fervorosamente a todos os agasallados.
A directora da Biblioteca, a profesora María, dirixiu un emotivo discurso a todos os presentes, agradecendo o seu labor e animando a todos a seguir os mesmos pasos no próximo curso. Conta coa súa colaboración!
|
A profesora María anima a todos a seguir colaborando e disfrutando |
A continuación, foi nomeando un a un e entregando os merecidos premios :
|
A profesora María premia aos Auxiliares de Biblioteca |
Aos Auxiliares de Biblioteca que tanto traballaron, non só na orde e apoio aos usuarios, senon tamén na posta a punto dos préstamos poñendo o seu gran granito de area no traspaso ao novo sistema Koha.
|
A profesora María premia ao Taller de Escritura |
Aos participantes nos diversos Talleres de Escritura
E, por último, aos membros de ambos Clubs de Lectura de 4º e de 5º
|
A profe María premia ao Club de Lectura de 4º |
|
A profe María premia ao Club de lectura de 5º |
Todos eles recibiron o seu correspondente diploma de participación así como un pequeno obsequio de recordo.
Noraboa ! Foi un gran día para todos!
Esparámosvos no vindeiro curso!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario