martes, 16 de mayo de 2023

 Dowm

O pequeno fragmento da vida de Roi tentando descubrir por que o seu querido primo Guille é diferente, colouse no Club de Lectura de 4º.

As opinións sobre esta divertida e tenra historia de An Alfaya foron variadas, pero todos coincidimos nas conclusións:

--"Observemos a vida desde todos os diversos ángulos". Non quedemos só co preestablecido.Como descubre Roi, contar flores en lugar de ovelliñas (que é o que fai todo o mundo para quedar durmido ), tamén é divertido!

--"Ser "margaridas azuis" nun mundo dominado por margaridas brancas, non nos fai diferentes, senón que nos fai especiais, únicos".

Ao compartir experiencias, o debate da importancia das pequenas diferenzas leváronnos aínda máis lonxe nas conclusións:

Son os nosos pequenos xestos cotiáns os que nos diferencian dos demais e fannos únicos.

Por exemplo: actuar correctamente cando todos ao redor actúan con deixamento, anticiparnos a colaborar antes de que nolo pidan, mostrar aos demais sempre un sorriso aínda nos malos momentos... Cada un destes pequenos xestos convértenos en seres especiais, en margaridas brancas nun campo de mapoulas, en margaridas azuis nun verxel de margaridas brancas.

Moi ben rapaces!

Nunca esquezades ser margaridas azuis!



No hay comentarios: