9 Maio
Sesión de Contacontos de Familias con "Diez meses lunares caminando con mamá", de Andrea Tumbeiro
Nesta nova sesión de Contacontos de Familias, Mahi e Wilancolaboraron coa súa mamá, Andrea Tumbeiro, para contarnos unha fermosa historia que a súa propia mamá escribiu: "Diez meses lunares caminando con mamá". Ao finalizar esta didáctica e
tenra historia, unha actividade manual proporcionou uns momentos divertidos aos máis pequenos, que finalizaron así unha tarde de venres lúdica e instructiva. E, ás familias presentes e á propia Biblioteca, sorprendeunos cun inesperado agasallo: obsequiounos a todos un exemplar do seu libro dedicado!
Moitas grazas Andrea, Mahi e Wilan pola vosa
participación e o voso obsequio.E moitas grazas a todas as familias que, ao longo deste curso fixestes posible que esta actividade seguise "viva", coa vosa colaboración e a vosa asistencia!
Moitísimas grazas a todos! Esperámosvos aquí con ilusión o próximo curso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario