viernes, 2 de mayo de 2025

 23  de Abril 

Maratón  de "O Quixote" no Día Internacional do Libro

As andanzas, venturas e desventuras do fidalgo Don Quixote da Mancha
ecoaron na biblioteca durante os
días 23 e 24 para celebrar o Día Internacional do Libro.

Lectores voluntarios de todas as idades fixéronse eco da obra cervantina, icona da literatura moderna universal, nun maratón de lectura. Foi unha bonita experiencia tanto para os lectores voluntarios como para os asistentes que conformaban o auditorio, pois xa sexa como historia de aventuras caballerescas, xa sexa como metáfora representativa da sociedade da época, a historia do fidalgo e o seu fiel escudeiro gusta a todos aínda que pasen os anos. Moitas grazas a todos os valentes que participastes facendo que este maratón fose posible e converténdoo nunha gran celebración. Podedes ver neste pequeno vídeo un moi breve resumo dalgúns momentos do acto.


E para os que non puidestes asistir, aquí vos deixamos un breve audio co fragmento da intervención dos fabulosos lectores voluntarios de 1º B:
Dádelle ao play para escoitalos!


Noraboa a todos os participantes deste gran maratón!!!

Temos que agradecer á mamá de Marcos e Paula, pola súa
doazón: novamente entregounos uns
marcapáxinas moi especiais que os participantes levaron como recordo desta entrañable sesión!






No hay comentarios: