12 Maio
Un concurso para cada gusto!
O curso achégase ao seu fin. Para celebralo, Leoloproponvos tres novas actividades para que poidades mostrar aos vosos compañeiros a vosa creatividade e os vosos coñecementos, dun modo divertido:1. Un concurso de cómic!
-- A temática é absolutamente libre.
-- A extensión mínima é unha cara de folio A4.
Sen límite máximo.
-- O prazo límite de entrega é: o 6 de xuño
2. Un concurso de carteis!
Buscamos un cartel para promocionar a Ría de Vigo. (Xa que foi o obxecto do proxecto deste curso "Amar o Mar).
-- A técnica utilizada é libre (composición de
imaxes, colaxe, témpera, acuarela...)
-- Tamaño: mínimo un folio A4. Máximo libre.
-- Prazo límite de entrega: 6 de Xuño
3. Un Pasapalabra de "Amar o Mar" (o noso proxecto).
Pode realizarse na aula se o titor o desexa, ou na Biblioteca, na hora do recreo, entre equipos formados voluntariamente.
Nos taboleiros iredes atopando pistas sobre o vocabulario do rosco! E os titores que decidan realizalo en clase, tamén dispoñerán das devanditas pistas!
-- Comezo: Mércores 28! Última semana de
Maio.
Ánimo! Elixe a que máis che guste, participa e divírtete!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario