sábado, 31 de mayo de 2025

 26 maio

Comezou a conta atrás para o fin de curso, pero a Biblioteca segue co seu frenético ritmo de actividades: Concursos, torneos...

Nuestro equipo de artistas prepara el panel de
nuestro peculiar "Pasapalabra Amar o Mar"
Imos a toda máquina neste último tramo do curso cheo de sentimentos atopados.

Parte do noso alumnado, só ve aproximarse, ao fin, o
momento de gozar do descanso necesario e merecido que lles achegarán as vacacións.

Mentras, para outra parte do alumnado, á nostalxia prematura de deixar atrás aos compañeiros e profesores que percorreron ao seu lado unha longa etapa, súmase a ilusión de comezar outra nova etapa chea de esperanza... e das inevitables incógnitas que chegan sempre da man daquilo que nos é descoñecido.

Pronto a alegría e o bulicio tornaranse silencio e paz. Pero, mentres ese momento non chega, o ritmo frenético da Biblioteca convida a todos a seguir gozando das súas propostas!

O III torneo de xadrez está a piques de finalizar e
desvelarnos quen será o vencedor desta III edición.
Unhas partidas moi rifadas impídennos falar dun só favorito. Haberá que seguir de preto o desenvolvemento dos últimos enfrontamentos.

Los equipos de 4º B en un reñido Pasapalabra
Nas sesións do noso peculiar "Pasapalabra Amar o Mar", os
equipos mostran con moito humor os coñecementos adquiridos ao longo do curso co
noso
Los equipos de 3º demuestran su gran dominio

proxecto sobre a Ría de Vigo. As súas participacións pasan xerándonos tensión, pero unha tensión vivida nun ambiente de gran diversión e alegría.
Los equipos de 2º B muy igualados

O noso concurso de ilustración, no que buscabamos o mellor anuncio para publicitar a nosa Ría, xa comezou a dar os seus froitos!

E, naturalmente, o concurso de cómic xa recibiu as obras dos seus primeiros aspirantes.

Os amantes de ambas acitividades xa teñen exposto o resultado da súa gran creatividade. Podedes gozalo e valoralo nos

taboleiros do
rellano da Biblioteca.


Seguide de cerca o desarrollo de todas estas actividades, pois queda moito que decir antes de que esta carreira remate!


sábado, 24 de mayo de 2025

 17 Maio

O noso equipo de radio, "Leolo Comunica", volveu a saír á rúa!

Con motivo do Día das Letras Galegas,
as nosas intrépidas
xornalistas
radiofónicas quixeron completar o seu programa informativo cunha entrevista moi especial. Dado que este ano a Real Academia Galega decidiu homenaxear ás "
cantareiras" como representantes da identidade cultural galega, e especialmente da poesía popular oral, Leolo Comunica, quixo facer unha chiscadela a todas esas persoas que de modo anónimo, no seu fogar, no seu traballo diario, nas súas tarefas cotiás, fixeron da música o mellor escudo para afogar as súas penas e contaxiar a súa alegría á súa contorna.
Para iso, elixiron a
unha persoa moi especial: Doña Carmen! Unha
bisabuelita moi entrañable que coa súa personalidade e a súa intensa historia móstranos un gran exemplo de fortaleza e, coa súa calidez e entusiasmo, gañouse o noso afecto e o noso agarimo.
Doña Carmen, fíxonos partícipes das súas experiencias e da súa arte.
Con fragmentos da súa vida, fíxonos un retrato da vida da Galicia da súa época na que a emigración "salvou" a moitas familias, como o está facendo agora, na mesma dirección pero en sentido inverso. E coa súa arte, deixounos claro que a música é un factor moi importante á hora de alegrar e poñer dozura na nosa vida. Moitas grazas Ainhoa por compartir connosco a túa fortuna e permitirnos coñecer á túa bisabuelita, ese sol de persoa que encanta coa súa presenza e que se gañou o noso agarimo. Moitas grazas tamén á túa mamá por axudarnos a levar a cabo esta entrevista!
Leolo Comunica comparte convosco un breve resumo desta especial experiencia na seguinte ligazón:

martes, 20 de mayo de 2025

 

18 Maio

Un pasapalabra moi peculiar: "Pasapalabra Amar o Mar"

Aproxímase o final de curso e con el xa avistamos o final do
noso proxecto "Amar o Mar". Traballastes moito facendo espectaculares murais, investigando, realizando retos, expoñendo os vosos traballos...

Para finalizar convidámosvos a realizar un repaso de todo o aprendido sobre a nosa Ría de Vigo, dun modo lúdico: cun "Pasapalabra de Amar o Mar"!! Ben, aquí iredes atopando algunhas mostras de rosco para ir ensaiando aqueles que vos apuntastes á divertida sesión final!

Pulsade na ligazón e a divertirse!

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/23849723-amar_o_mar.html



jueves, 15 de mayo de 2025

 14 Maio

Unha nova sesión de "Cóntoche un conto?", na Biblioteca

Hoxe, Antía e Celia de 5º A, volveron a regalarnos unha vez máis unha
instructiva e divertida historia na súa sesión de contacontos. Nesta ocasión, deleitáronnos coa historia de Tim Hopgood: "A verdade segundo Arturo". Unha tenra historia que nos anima a dicir a verdade aínda nas condicións máis negativas, porque, como descobre o protagonista, ser sinceros ten sempre unha consecuencia moi positiva para nós, e é o feito de que todo o mundo sentirase satisfeito coa nosa actitude e valorará moito a posibilidade de poder confiar en nós! Non importa as voltas que no noso cerebro deámoslle á posibilidade de gardarnos a verdade para nós e dicir unha "mentirijilla" para salvar a situación. Se, ao final chegado o momento, admitimos o noso erro con valentía, do mesmo xeito que lle ocorre a Arturo sentirémonos felices e moi, moi satisfeitos connosco mesmos!! Moitísimas grazas Celia e Antía pola vosa nova achega ao conxunto de grandes valores que nos transmitides coas vosas historias! Esperamos volver escoitarvos novamente moi pronto!!


martes, 13 de mayo de 2025

 12 Maio

Xa deu comezo o III Torneo de Xadrez!

Achegámonos á final e non temos claro quen van ser os favoritos!

O nivel é moi homoxéneo! Son todos grandes estrategas e posibles campións! As partidas celébranse nun ambiente de cordialidade e compañeirismo (todo o oposto ás lides reais que se celebraban outrora nos campos de batalla). E, ese espírito deportista,

é o que converte unhas xogadas moi rifadas pero amigables en momentos de auténtico pracer, para os xogadores e para os que seguimos os resultados! Desexámoslles ánimo e que sigan así: gozando deste atractivo e relaxante xogo!

lunes, 12 de mayo de 2025

12 Maio 

Un concurso para cada gusto!

 O curso achégase ao seu fin. Para celebralo, Leolo
proponvos tres novas actividades
para que poidades mostrar aos vosos compañeiros a vosa creatividade e os vosos coñecementos, dun modo divertido:

1. Un concurso de cómic!

--
A temática é absolutamente libre.
-- A extensión mínima é unha cara de folio A4.
Sen límite máximo.
-- O prazo límite de entrega é: o 6 de xuño
2. Un concurso de carteis! Buscamos un cartel para promocionar a Ría de Vigo. (Xa que foi o obxecto do proxecto
deste curso "
Amar o Mar). -- A técnica utilizada é libre (composición de
imaxes, colaxe, témpera, acuarela...) -- Tamaño: mínimo un folio A4. Máximo libre. -- Prazo límite de entrega: 6 de Xuño
3. Un Pasapalabra de "Amar o Mar" (o noso proxecto). Pode realizarse na aula se o titor o desexa, ou na Biblioteca, na hora do recreo, entre equipos
formados voluntariamente.
Nos taboleiros iredes atopando pistas sobre o vocabulario do rosco! E os titores que decidan realizalo en clase, tamén dispoñerán das devanditas pistas!
-- Comezo: Mércores 28! Última semana de
Maio.
Ánimo! Elixe a que máis che guste, participa e divírtete!!


 9 Maio

Sesión de Contacontos de Familias con "Diez meses lunares caminando con mamá", de Andrea Tumbeiro

Nesta nova sesión de Contacontos de Familias, Mahi e Wilan
colaboraron coa súa mamá, Andrea Tumbeiro, para contarnos unha fermosa historia que a súa propia mamá escribiu: "Diez meses lunares caminando con mamá". Ao finalizar esta didáctica e

tenra historia, unha actividade manual proporcionou uns momentos divertidos aos máis pequenos, que finalizaron así unha tarde de venres lúdica e
instructiva. E, ás familias presentes e á propia Biblioteca, sorprendeunos cun inesperado agasallo: obsequiounos a todos un exemplar do seu libro dedicado!

Moitas grazas Andrea, Mahi e Wilan pola vosa

participación e o voso obsequio.

E moitas grazas a todas as familias que, ao longo deste curso fixestes posible que esta actividade seguise "viva", coa vosa colaboración e a vosa asistencia!


Moitísimas grazas a todos!
Esperámosvos aquí con ilusión o próximo curso!


domingo, 4 de mayo de 2025

 29 Abril

Xa está próxima a sesión de Contacontos de Familias do mes de Maio

Adiantarase a este venres 9 de Maio!  

E será Andrea Tumbeiro, a propia autora do conto "Diez
meses lunares camnando con mamá
", quen o conte!!  Polo que haberá posibilidade de mercar o libro na mesma sesión de contacontos!

Non faltedes!

Lembrade:

Obra: "Diez meses lunares caminando con mamá"

Autora: Andrea Tumbeiro

Data: este venres, 9 de Maio

Hora: 16:00h.

Lugar: Biblioteca Leolo.

Esperámosvos !!



sábado, 3 de mayo de 2025

 25 Abril

Nova sesión de Contacontos de Familias !

O venres asistimos a unha nova sesión de Contacontos de
Familias
moi peculiar: Inés,
Aine e os seus papás Tamar e Bernardo, formando un equipo perfectamente compenetrado, fixeron que os protagonistas do conto "La ovejita que vino a cenar", de Steve Smallmann , cobrasen vida.

Escenificando de modo moi divertido a aventura da doce ovelliña e o seu amigo o lobo, regalaron aos asistentes unha velada extraordinaria.

A diversión continuou tras a escenificación, cunha actividade manual sorpresa con ouvlliñas e lobos!!

Moitísimas grazas Tamar, Bernardo, Inés e Aine pola vosa colaboración e por unha tarde tan especial para todos!



viernes, 2 de mayo de 2025

 25 Abril

Apadriñamento Lector para rematar a celebración do Día Internacional do Libro!

Como colofón dos actos de celebración do Dia Internacional do Libro (Contacontos de Manuel Solla, Maratón de lectura do Quixote...), este venres celebramos o Apadriñamento Lector. Unha actividade na que os máis pequenos gozan escoitando os seus contos favoritos e, os maiores (padriños), se senten importantes e parte dunha gran misión: facer que os seus apadriñados se sentan atraídos pola lectura e gocen dunha sesión inesquecible. A xornada discorreu con alegría e tranquilidade e, como é habitual, finalizou cun intercambio de agasallos: un orixinal marcapáxinas, que facía unha chiscadela ao proxecto deste curso: "Amar o Mar". Padriños e apadriñados deixaron patente a súa creatividade, logrando sorprender coa súa orixinalidade. Aquí deixámosvos un breve resumo da xornada:
Seguide lendo moito! Vémonos na próxima!!



 23  de Abril 

Maratón  de "O Quixote" no Día Internacional do Libro

As andanzas, venturas e desventuras do fidalgo Don Quixote da Mancha
ecoaron na biblioteca durante os
días 23 e 24 para celebrar o Día Internacional do Libro.

Lectores voluntarios de todas as idades fixéronse eco da obra cervantina, icona da literatura moderna universal, nun maratón de lectura. Foi unha bonita experiencia tanto para os lectores voluntarios como para os asistentes que conformaban o auditorio, pois xa sexa como historia de aventuras caballerescas, xa sexa como metáfora representativa da sociedade da época, a historia do fidalgo e o seu fiel escudeiro gusta a todos aínda que pasen os anos. Moitas grazas a todos os valentes que participastes facendo que este maratón fose posible e converténdoo nunha gran celebración. Podedes ver neste pequeno vídeo un moi breve resumo dalgúns momentos do acto.


E para os que non puidestes asistir, aquí vos deixamos un breve audio co fragmento da intervención dos fabulosos lectores voluntarios de 1º B:
Dádelle ao play para escoitalos!


Noraboa a todos os participantes deste gran maratón!!!

Temos que agradecer á mamá de Marcos e Paula, pola súa
doazón: novamente entregounos uns
marcapáxinas moi especiais que os participantes levaron como recordo desta entrañable sesión!