21 de Xuño
Entrega de Premios!
Pola incompatibilidade nas datas para xuntar aos premiados no mesmo día, ao ser alumnos de diversos cursos que participan, cada un deles, en actividades diferentes, designouse este día de festa para a entrega conxunta de premios dos concursos celebrados ao longo do curso. E aínda así, algúns agasallados estiveron ausentes! Dos máis de 50 premios, algúns foron as mans do mesmo alumno ao participar en todas as propostas da Biblioteca. Grandes exemplos!Recibiron o seu premio os participantes no concurso "¿Cuánto sabes sobre tus derechos y cuánto estás dispuesto a aprender?". Celebrado nos meses de Novembro e Decembro con motivo das celebracións: "Dereitos do Neno", "Dereitos Humanos" e "Constitución Española", e co obxectivo de animar ao alumnado a investigar sobre os seus dereitos e deberes.
Así mesmo, o recibiron os participantes no concurso sobre Literatura Clásica, celebrado no mes de Abril, con motivo do "Día do Libro". Co obxectivo de animar ao alumnado a ler pero, sin esquecer, votar unha ollada de cando en vez ás obras clásicas máis importantes.
E, tamén, os participantes no concurso "Canto sabes sobre Vigo?", proposto para recoñecer o traballado ao longo do curso sobre o Proxecto.
Coa súa característica sonrisa e afabilidade, a nosa Directora, Conchi, e a nosa Xefa de Estudios, Patri, con palabras de cariño e felicitacións, e apoiadas por un público disposto a aplaudir con efusividade aos seus compañeiros, fixeron entrega dos premios aos ilusionados afortunados, algúns dos cales chegaron a acadar incluso 3 premios pola súa pródiga participación!!!
aquí vos deixamos algunhas imaxes resumo do divertido acto.
Elsa recogiendo su tercer premio! |
Seguide así: ávidos de coñecementos, dispostos a investigar e divertirvos!
Así de cargados saíron algúns dos premiados |
Vémonos nas próximas edicións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario