lunes, 1 de julio de 2019

21 Xuño

Festa de Auxiliares de Biblioteca!

La profesora Pilar con sus laboriosas Auxiliares más benjaminas
Chegou  o momento de dicir adeus a todos os colaboradores que ao longo do curso puxeron todo o seu empeño en axudar ao Equipo para que o uso da Biblioteca fose o máis agradable e eficaz posible. 
  En recoñecemento á súa importantísima colaboración ao cambiar, voluntariamente, un momento de xogo no patio, por un momento de "traballo  común" na Biblioteca polo ben de todos os seus usuarios, fíxoselles entrega dos seus merecidos certificados e uns pequenos agasallos.  

Foi un momento de alegría para todos os Auxiliares... Ainda que, houbo alegría e... algunha "lagrimiña"! entre as Auxiliares que no próximo curso non estarán xa connosco. Ímolas votar moitísimo de menos!  Sofía, Elsa, Xián, Xiana, Carla, ... A todos, moitísima sorte no voso novo grupo de compañeiros! Non deixedes de irradiar a vosa enerxía e alegría alá donde vaiades! 


 Moitas gracias a todos, de corazón!

O Equipo de Biblioteca tamén quixo impulsar a actitude positiva que supón o participar nos concursos externos dos que se fai eco a Biblioteca, coa entrega dun pequeno agasallo acorde co interese do seu participante.
 Noraboa, campión.  
Esta é soamente unha mostra do moito que podemos acadar con esforzo e ilusión.  
Motísimo ánimo!!!




No hay comentarios: