martes, 2 de julio de 2019

21 de Xuño

Un consello: Ler.  Pero, que ler ?

Chegan as vacacións, e con elas, o tempo libre. Os momentos propicios para a lectura multiplícanse: na viaxe en tren, metro (ou mesmo no vitrasa!),  cando a paisaxe hai xa tempo que non cambia!; na praia, cando é momento de facer un paréntesis entre ola e ola!; na casacando é hora de relaxarse!; na montaña, cando xa acadamos os obxectivos da xornada!... 

Por iso, para eses momentos, aquí vos deixamos  algunhas suxerencias de lectura e un bo consello.

  • O noso consello:  Dado que un bo libro pode ser o teu mellor amigo, (non protesta, perdoa a túa imputualidade, non te falla cando o  necesitas ao teu lado, só te deixa abandonado cando ti o afastas de ti e o pechas, sempre ten algo que ensinarte, adáptase ao teu humor ...), alá donde vaias, leva sempre un bo libro contigo. Leva un bo amigo.
  • E algunhas suxerencias de lectura:




O Equipo de Biblioteca desexa:
Un moi bo descanso estival a todas as persoas que conforman a nosa Comunidade Educativa!
E agradece a todos a súa comprensióncolaboración e paciencia ao longo de todo este curso que finaliza.
Moitas gracias!
Feliz Verán!

No hay comentarios: