30 de Novembro
"Qué está pasando en Vigo?"
Estreamos nova sección.
Vivimos nunha cidade que cambia, que evoluciona... unha cidade en movemento continuo que xera noticias todos os días.
A partir de xa, tedes un recuncho no que todos vós poderedes compartir todas
aquelas noticias, sobre Vigo ou relacionadas con Vigo, que vos chamen a
atención: artigos de prensa, artigos de internet, de televisión, de radio…
todas aquelas noticias positivas e/ou construtivas que reflictan o que ocorre
na cidade de Vigo.
Todos aqueles que queirades estar ao día do que ocorre na
vosa cidade, só tedes que darvos unha volta polo rellano da primeira planta
(entrada de 1º ciclo) e gozar da nova sección de noticias:
“Que está pasando en
Vigo?”
Zoe, Zaira e
Brais, de 2º A, trouxéronvos xa as primeiras noticias fresquiñas para vós.
Non volas perdades! Mantédevos ao día!
Na vosa cidade ocorren cousas e agora tedes a oportunidade
de compartilas.
Aporta tamén as túas novas!
E, visíta a sección con frecuencia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario