martes, 25 de diciembre de 2018

20 de Decembro

Un fermoso e orixinal agasallo: unha árbore de Nadal moi viguesa.

Colaborando co noso proxecto anual: "Coñezo Vigo. Coñezo ou meu barrio", as monitoras do Taller de xogos, sorprendéronnos cun fermoso agasallo: unha peculiar árbore de Nadal,  única e exclusiva

Non hai outra igual, xa que, os seus tradicionais adornos e bólas de cores, foron substituídos por orixinais mostras dos monumentos e lugares emblemáticos da cidade que con gran detalle realizaron os seus alumnos.  

Parabéns  ás monitoras e ao alumnado e moitas grazas por colaborar dun modo tan especial co proxecto.




Moitas grazas, parabéns pola vosa orixinal obra e Bo nadal !   a todo o persoal e ao alumnado

No hay comentarios: