Novo material sobre Vigo
Titores, alumnos, amigos de Vigo... non deixedes de pasar pola Biblioteca e visitar a nova sección do expositor:
"Para coñecer máis sobre Vigo, a miña cidade".
Alí encontraredes información interesante e curiosa sobre os cidadáns, puntos clave do seu entorno como as Illas Cíes ou a illa de San Simón, a arte vinculada coa cidade... e moito máis.
----- ****** ----------------------------------**** -----
E recordade que no rellano da primeira planta do edificio principal seguen a aparecer novas moi curiosas, cada día, na sección:
"Qué está pasando en Vigo".
Axuda a completala para manternos ao día e non deixes de votarlle unha ollada sempre que podas para saber o que está a suceder ao teu ao redor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario