domingo, 11 de diciembre de 2016

CLUB DE LECTURA DECEMBRO

Neste mes de decembro fixemos dúas reunións en dous grupos menos numerosos.
Falamos de dous libros:

Isha está enfadada. O comentario dunha compañeira de clase causoulle un gran malestar. Non dubida do amor que lle profesan os seus pais, pero o feito de ser adoptada...

Ao meu curmán Down dánselle moi ben os traballos manuais e  encántanlle as flores. Ademais, eu creo que é chinés, aínda que mamá di que non. Tamén me riñe por chamarlle Down e me repite que se chama Guillerme. Pero eu sei que a el lle gusta que lle chame Down.
 
Houbo división de opinións, pois non a todos os nenos gustoulles este tipo de temáticas e prefiren ler algo máis intrigante ou de misterio, aventuras...
Aínda que todos estiveron de acordo en que ámbalas dúas historias resultaron un pouco tristes, pero moi emotivas e entrañables.


 

No hay comentarios: