sábado, 26 de noviembre de 2016

MARCOPOLA 4

Ola, rapaces.
Xa coñecedes a Jacobo Fernández Serrano, que visita o noso colexio sempre que pode.
El sempre está encantado de vir, porque o Chouzo tamén foi o seu cole.
Hoxe presentou un novo libro, que xa está nas librerías.
Un libro que estabades esperando...



Agora xa temos 4 libros da colección e Jacobo dixo que... para o ano próximo sairá o nª 5 "Pernechas".

No número 4: "A Avoa Power" aparece un personaxe novo: "The Tiger", que rouba... Rouba moito moito. 

Jacobo contou que The Tiger ten unha familia e rouba por unha razón e que pronto sairá a súa historia nunha triloxía: 3 libros.
E así será como sabremos por que rouba, para que rouba... 
Estade atentos a estas novidades.
Prometen ser moi interesantes !!!
E aquí deixovos a Jacobo, un pouquiño canso de tanto debuxar.

    

No hay comentarios: