IIV EDICIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. IGACIENCIA
Celebramos a VII edición do día da Ciencia en Galego e, como
todos os anos, propoñémosvos unha temática, os legumes, en sintonía coa
celebración no 2016 do ano Internacional dos legumes. Por esa razón,
queremos dedicarlle este ano o día aos legumes. Moitos descubrimentos
científicos xiraron arredor deste tema e o máis sobresaínte é o das leis de
Mendel que as descubriu estudando a herdanza nos chícharos, razón pola cal o
cartel do día da Ciencia en Galego trata o tema de Mendel e as súas tres leis.
Así, por primeira vez, facemos un cartel que poida reciclarse en obxecto
educativo na clase. Esperamos que vos sirva para ese fin.
O homenaxeado galego, Cruz Gallástegui, ten un mérito nese
campo indubidable: considérase o introdutor da xenética non só en Galicia,
senón en España.
Tedes referencias e materiais sobre o tema en cienciaengalego.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario