domingo, 3 de marzo de 2013

LINGUA DE SIGNOS

Este curso tamén recibimos no noso centro a Camilo Gutiérrez da Asociación de Persoas Xordas de Vigo.
Nestas sesións, dunha hora aprox. cada unha, contounos moitas cousas sobre como as persoas xordas superan as barreiras que lles impiden ter a mesma vida que as persoas que non son xordas.
Agradecemos á Asociación e, en especial, a Camilo Gutiérrez a súa xenerosidade por achegarnos esta campaña de sensibilización tan interesante.
E esperamos que volvan coas súas novas propostas educativas.

 

No hay comentarios: