sábado, 9 de marzo de 2013

ENCONTROS PLAMBE 2013

Os días 7 e 8 de marzo tiveron lugar en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, unha actividade de formación organizada conxuntamente polo Servizo de Formación do Profesorado (CAFI) e pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Estes encontros responden á vontade da consellería de reunir, unha vez máis, ao profesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de b.e (PLAMBE), un programa que procura, desde o ano 2005, a transformación das bibliotecas escolares en auténticos centros de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, e no que ten sido decisiva a creación de vínculos profesionais entre os integrantes deste colectivo.  
Ainda que se trataron aspectos diversos relacionados cos servizos e o papel das bibliotecas escolares nos centros educativos, fíxose fincapé na función destas bibliotecas como compensadoras de desigualdades sociais, aspecto que cómpre salientar nun momento en que as diferenzas no acceso aos recursos culturais pode medrar. Outro dos aspectos destacados foi a alfabetización mediática e informacional, un contido imprescindible para o alumnado que medra na sociedade da información e que ten na biblioteca escolar un aliado natural.
Déronse cita na segunda xornada destes encontros (día 8) un total de 504 responsables de bibliotecas da Rede de bibliotecas escolares galegas. Na primeira xornada (7) só participaron os responsables das 63 bibliotecas que se integraron no programa neste curso 2012/2013.
PROGRAMA -- ENLACE AO ESPAZO MOODLE COS RECURSOS (entrar como convidado)
(Blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia) 

No hay comentarios: