lunes, 28 de octubre de 2013

RECEITA PARA O SAMAÍN



BISCOITO DE CABAZA

INGREDIENTES 

* 1/2 Kg. de cabaza
* Un bote de leite condensada
* 1 litro de leite
* 300 gr. de fariña
* 4 ovos
* 1/2 Kg. de azucre
* Raladura de limón e canela en rama

Cocíñase a cabaza sen pelar coa canela en rama. 
Cando está cocida quitamos a casca e as pebidas, escurrimos ben a auga e mesturámola co resto de ingredientes ata formar unha crema.
Untamos un molde con manteiga, vertemos a mestura e poñemos no forno quente a temperatura media. 
Para saber cando está listo picamos cun escarvadentes por exemplo, e cando este sae limpo está no seu punto. 
Tómase  frío. 
Mellor telo un tempo no frigorífico antes de servir.

No hay comentarios: