lunes, 13 de mayo de 2013

IV XORNADAS TEATRO ESCOLAR



Este mércores, no Auditorio do Concello, empezan as Xornadas de Teatro Escolar Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 deste mes, o Auditorio Municipal do Concello , albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. 
Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso. 
A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares, como da plasmación final en formato obra de teatro por parte dos escolares. 
Coa continuación por cuarto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional e afeccionado. 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

MUCHAS GRACIAS MAESTRAS, ÁNGELES Y SILVIA, POR DEDICAR VUESTRO TIEMPO Y VUESTRO ESFUERZO A NUESTROS HIJOS.

ESTAD SEGURAS DE QUE NO OLVIDARÁN LO VIVIDO Y APRENDIDO, COMO TAMPOCO YO HE OLVIDADO A MI QUERIDA PROFE: MARISÉ.

UN SALUDO.

Unknown dijo...

Parabéns às profesoras e aos alumn@s que participaron neste estupendo proxecto de teatro.
Moitas grazas profes Silvia e Angeles, polo voso tempo e dedicación, e por todo-o que tedes transmitido a@s nen@s nestos meses de recreos sacrificados.
Bicos