lunes, 24 de junio de 2013

DESPEDIDAS

Os alumnos de 6º remataban a súa estancia no colexio e, orientados pola profe Luz, quixeron facelo ofrecendo un pequeno espectáculo de despedida.
Tanto os alumnos de 6º A como os de 6º B dixeron unhas palabras de agradecemento aos profesores que tiveron ao longo dos 9 anos, aos demáis profes aínda que non lles deran clase directamente.
Tamén fixeron un entrañable resumo do seu paso polo centro.
Foi moi emotivo.
Tan emotivo que, á hora de ir a comer, aínda choraban.
Choraban os que marchaban, os que quedaban...
Foi un verdadeiro mar de bágoas.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow maker

No hay comentarios: