martes, 5 de octubre de 2010
LELA ANDA EN BICICLETA
A Fundación Carlos Casares está a realizar actividades para dar a coñecer de forma lúdica a figura de Carlos Casares entre os máis novos. Ademais de "O xogo do Papapío", a Fundación está a desenvolver coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia o "Proxecto Toromelos". A plasmación deste proxecto realizouse este ano na creación dunha obra de teatro que recollese os aspectos máis interesantes da obra infantil e xuvenil de Carlos Casares. O título da obra é " Lela anda en bicicleta".
O obxectivo é invitar a diversos grupos de escolares a asistir as diversas representacións de "Lela anda en bicicleta" que terán lugar no auditorio de ESAD (situado en Navia, Vigo) durante os meses de Outubro e Novembro en horaio de tarde. A obra de teatro está pensada para nenos e nenas entre 7 e 12 anos de idade, e a duración é de aproximadamente 45 minutos.
Aqueles centros interesados en acudir deberán realizar unha reserva previa dos espazos no teléfono 986.225.785.
Teñen máis información na páxina web da ESAD (http://www.esadgalicia.com/glg/buscador.php?busca=lela+anda+en+bicicleta)
Tamén na páxina web da Fundación Carlos Casares (http://www.fundacioncarloscasares.org/?p=889 )
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario