domingo, 17 de octubre de 2010

BIBLIOTECA 2010-2011

Dentro duns poucos días abrirá a Biblio.
Hai algunhas novidades.
Esperamos que a visites.
E que non esquezas cumprir as Normas.



Seguindo a dinámica iniciada en 2008, a Consellería de Educación difunde un cartel a comezos de outubro co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos.
Nesta ocasión é Marina Seoane quen aceptou o reto de ilustrar o lema proposto.
A biblioteca escolar, entendida como un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais.
Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.

No hay comentarios: