martes, 12 de octubre de 2010

BIBLIOTECARIOS REUNIDOS

Desde o curso pasado, varios profes responsables das bibliotecas dos nosos centros, reunímonos periódicamente para falar e compartir as nosas experiencias, resolver as nosas dúbidas e para pasar unhas horas de traballo agradables e nas que tamén aprendemos.
Nesta ocasión, o pasado mércores 22 de setembro varios mestres e mestras bibliotecarios da zona de Vigo, Tui e o Miñor xuntámonos no ceip Nº1 de Tui e foi Nerea a que nos acolleu na súa fantástica biblioteca.
Cada vez somos máis neste grupiño. E nunca está de máis coñecer xente nova!
Como vedes, falar de libros e de bibliotecas é importante. Pero se o acompañamos dunhas boas viandas, resulta moito máis agradable.

Nº 1 Tui on PhotoPeach

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que se repita!
Grazas, Angeles!
Un bico
Frianciño