lunes, 27 de octubre de 2025

 27 Outubro

A nosa Biblioteca abriu as súas portas!!

Fai xa máis dun mes que a profesora Chelo comezou un traxín sen fin apoiada polo seu
equipo de Biblioteca. Había moito que
preparar! E telo todo lo listo para o novo comezo: organización interior, mochilas viaxeiras, pasaportes, obsequios...


E, por fin, con todo a punto... Chegou o día tan esperado! Os amantes da lectura atopáronse hoxe cunha Biblioteca totalmente renovada: paredes recentemente pintadas, unha nova distribución que a fai
moito máis eficiente, novas normas... e unha mascota con novo
look! E para celebrar este gran reencontro, esta visita tan especial, Leolo quixo obsequiar a todos os asistentes cun dos seus agasallos preferidos: un libro, conto ou revista a elixir entre un notable número de exemplares!

Qué ledicia!!

Leolo agradeceu a todos a súa visita, e tamén lembrou a todo o alumnado asistente que non olvide anotarse nas actividades da Biblioteca expostas no taboleiro!








viernes, 3 de octubre de 2025

 3 Octubre

O Club de Lectura de Adultos retoma a súa actividade! Tras o descanso estival,

Pilar Rajoy, Guía do Club de Lectura de Adultos,
nesta nova etapa, con algúns dos seus fieis membros

o Club de Lectura de Adultos, gozou dunha alegre e emotiva primeira sesión na que celebraron tanto o seu reencontro como o ter elixido unha obra cuxa lectura lles proporcionou unha dose de intriga, reflexión e diversión perfecta e inesperada!! Tratábase da obra de Jöel Dicker: "La muy catastrófica visita al zoo" .

Tal foi a magnitude da súa satisfacción coa obra, que consideraron necesario suxerir a súa lectura a todas as familias, docentes, coidadores... e, en xeral, a todo o persoal que teña relación cos nenos e a educación.

E aínda máis! Consideran a lectura da obra, aconsellable tamén para @s nen@s, pola súa gran dose de intriga e diversión!

Non se equivocaba o crítico que a definiu como unha obra apta para lectores desde 7 ata 103 anos!!!

Finalizaron a exitosa sesión elixindo xa a data e a obra que os

ocupará nas seguintes semanas. Trátase da obra de Arantza Portabales: "O asasinato na casa rosa".

Un título moi suxestivo cuxo guión convidamos a desenmarañar a toda a comunidade educativa que queira unirse o vindeiro 7 de Novembro, a este maravilloso Club de Lectura de Adultos.

Ata o próximo 7 de Novembro!!

Vos esperamos!



 2 Octubre

Xa coñecemos o "novo look" de Leolo

Xa se coñeceu o resultado!
A masiva participación para atopar o novo
look de Leolo chegou ao seu fin! Hoxe Leolo preséntase en sociedade cunha mirada tenra que cativará a todos os seus fans e que fará que aqueles que aínda non o coñecían sómense ao seu incontable número de seguidores! Dámoslle a benvida e desexámoslle un éxito tan rotundo como o que tivo coa súa anterior imaxe! Parabéns ao gañador!!