27 Marzo
Un gran reto para o Club de Lectura!
O Club de Lectura da profesora María, iniciou unha gran aventura co seu novo libro: "El gran juego" de Carlo Frabetti.Decidiron compartir a experiencia de Leo, un apaixonado dos xogos de enxeño que se ve atrapado nunha insólita invitación! Cada día, ha de poñer a proba a súa capacidade científica e o seu enxeño para superar os obxectivos que "alguén" especial exponlle na súa pantalla.Só parece un xogo pero, que se esconde detrás dese gran xogo? Que consecuencias teñen as, aparentemente inocuas, decisións de Leo? Que ocorre realmente a miles de quilómetros de distancia, con cada un dos seus movementos virtuais?
O Club de Lectura xa ten un novo reto: Descubrir que hai detrás do gran xogo!
Unha historia ficticia pero cun gran transfondo real que pode ter lugar en calquera lugar, en calquera momento desta era actual no que a tecnoloxía mal usada pode converterse no peor inimigo dunha humanidade que busca a harmonía e a paz na súa convivencia.
Ánimo Club, a polo gran reto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario