21 marzo
Nova sesión de "Contacontos de Familias"
Este venres, Aloia e a súa mamá, Patricia, deleitáronnos coa obra de Andrés PérezCoello: "Ciudad Riquísimo". Un conto moi especial cuxo protagonista, ( Pepi, un espagueti moooi longo cuxo soño era ser un heroe como
Spiderman), comproba como, sen necesidade de realizar grandes heroicidades, senón simplemente axudando cos seus pequenos xestos xenerosos a todos aqueles que se cruzan no seu camiño, pode sentir unha gran satisfacción e alegría. A súa solidariedade con todos aqueles que sofren un hándicap que lles impide lograr os seus desexos, sérvelle a
el para lograr o seu: ser un heroe para o resto de habitantes de Ciudad Riquísimo, nos que a súa axuda deixa unha gran pegada.
Ao rematar a sesión, o público máis menudo
disfrutou cunha divertida actividade na que
puideron crear máscaras para converterse
en auténticos heroes e tamén, colorear aos protagonistas da historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario