27 Marzo
domingo, 30 de marzo de 2025
viernes, 28 de marzo de 2025
21 marzo
Nova sesión de "Contacontos de Familias"
Este venres, Aloia e a súa mamá, Patricia, deleitáronnos coa obra de Andrés PérezCoello: "Ciudad Riquísimo". Un conto moi especial cuxo protagonista, ( Pepi, un espagueti moooi longo cuxo soño era ser un heroe como
Spiderman), comproba como, sen necesidade de realizar grandes heroicidades, senón simplemente axudando cos seus pequenos xestos xenerosos a todos aqueles que se cruzan no seu camiño, pode sentir unha gran satisfacción e alegría. A súa solidariedade con todos aqueles que sofren un hándicap que lles impide lograr os seus desexos, sérvelle a
el para lograr o seu: ser un heroe para o resto de habitantes de Ciudad Riquísimo, nos que a súa axuda deixa unha gran pegada.
lunes, 24 de marzo de 2025
21 Marzo
"¿Qué es el amor?"
Celia e Antía, de 5º, contáronnolo hoxe en "Cóntoche unconto", gracias á obra de Davide Cali.
Papá, mamá, o avó e a avoa comparten con Emma a súa visión persoal do amor: é algo que se abre moi amodo, que chega sen avisar, tenro e aromático, que che acende o corazón, doce, que che fai ser atento e compartilo todo... pero a pesar das súas claras descricións, Emma segue sen ter moi claro o que é o amor! Se ti, do mesmo xeito que Emma, desexas saber que é e non puideches asistir a esta divertida sesión, podes animarche a descubrilo por ti mism@ lendo esta fermosa historia que tes á túa disposición na Biblioteca. Moitísimas grazas Celia e Antía por regalarnos estes entrañables momentos!
Esperámosvos pronto cunha nova historia!
sábado, 15 de marzo de 2025
13 marzo
"Camuñas" en "Cóntoche un conto?" Lea e Nora, trouxéronnos hoxe
a historia de Margarita del Mazo:"Camuñas".
Un bruxo moi despistado que comía nenos e nunca se cortaba as uñas.
Nunca, nunca...ata que, Branca, moi tiernamente, logra cambiarlle ese "pouco estético e hixiénico" hábito. E, ao facelo, cambia tamén a súa personalidade: xa non comerá nenos, pois agora é xa un bruxo diferente!
Moitas grazas, Lea e Nora, por esta tenra e didáctica historia.
Volvede pronto cunha nova lectura!
jueves, 13 de marzo de 2025
13 Marzo
Chega unha nova sesión de "Contacontos de Familias"!
Atención! Este venres, 21 de Marzo, esperámosvos a tod@snunha nova sesión de "Contacontos de Familias".
Debido a ser non lectivo o venres 28, adiántase a sesión ao Venres 21 de marzo!
Lembrade, temos unha cita:
Data: Venres 21 de Marzo
Lugar: Biblioteca de Leolo
Obra: "Ciudad Riquísimo"
Autor: Ilan Brenman
Non faltedes! Vémonos!!
12 marzo
O secreto das princesas xa non está a salvo!
Laura, Emma e Uma descubriron o gran secreto das princesas lendo a obra de Ilan Brenman: "Las princesas también se tiran pedos". E, elas, contáronnolo hoxe en "Cóntoche un conto?". E é que, ata as persoas perfectas coas vidas máis perfectas teñen sempre algún secretillo! Se queres comprobalo por ti mesmo, non dubides en tomar prestado este divertido conto na Biblioteca. Moitísimas grazas Laura, Emma e Uma por compartir connosco este divertido momento! Esperamos volver escoitarvos pronto cunha nova obra!.sábado, 8 de marzo de 2025
7 Marzo
Semana da Prensa na Biblioteca
Con motivo da Semana da Prensa, a Biblioteca quixo facerse eco das noticias máis rechamantes da actualidade. Para iso, cun peculiar cartel, convidou ao alumnado para descubrir o que para eles resultou máis curioso, absurdo, extravagante, sublime, inefable... dos comportamentos ou eventos humanos narrados ou vistos nos medios de comunicación.Un modo de

martes, 4 de marzo de 2025
28 Febreiro
Un "Contacontos de Familias" como broche de ouro para rematar o mes de Febreiro
Este venres, 28, Sophia e a súa mamá Andreína puxeron o broche de ouro a un mes de febreiro cheo de actividades e celebracións. Para a súa sesión de "Contacontos de Familias", elixiron unha entrañable obra de Ramón Loureiro: "O peixe de pedra". Unha divertida obra que nos relata a divertida aventura do peixe de pedra na súa viaxe desde "as illas do Norte, contravindo as leis dá física", ata atopar aos 5 príncipes herdeiros. Ao finalizar a lectura, Sophia e a súa mamá sorprendéronnos a todos cunha orixinal actividade manual que finalizou sendo un divertidísimo xogo! Un xogo que enfrontou a todos en alegre competición: pequenos e maiores! Primeiro competiron por compartir o aplauso os máis pequenos, despois os pequenos contra as súas proxenitoras e, por suposto, finalmente tamén tivo lugar unha competición entre as proxenitoras animadas polos alegres berros de ánimo dos seus fillos respectivos! Moitísimas grazas, Sophia e Andreína, por unha tarde tan divertida e inesquecible! Esperamos seguir contando convosco nas próximas sesións!!Moitas grazas tamén a todos o asistentes que fixeron un esforzo por asistir a esta divertida e didáctica sesión, compartindo a alegría e ambiente festivo da sesión!
Aquí vos deixámosvos un breve resumo da sesión:
20 Febreiro
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Con motivo do![]() |
Equipazo del CSIC que nos ha visitado |
(12 de Febreiro), convidamos ao CSIC ( Consejo Superior de Investigaciones Marinas), a facernos unha visita para coñecer un pouco máis o mundo mariño e, en especial, a nosa ría de Vigo, que é o noso proxecto eixo deste curso. Un fantástico e ilusionado equipo de científicos pecorreu o noso colexio transmitindo asombro e coñecementos ao noso ansioso alumnado. Compartiron o seu saber e experiencia a través de múltiples actividades, transformando as aulas en sesións de contacontos (para os máis chiquitines), laboratorios, talleres... Mentres nos axudaban a coñecer mellor a flora e fauna da nosa ría, a reciclaxe e a valorización dos residuos, ou nos falaban de biogeoquímica mariña, os nosos alumnos e alumnas puideron sentirse como auténticos submarinistas científicos provistos cos seus equipos completos de mergullo, (traxe, aletas, botella de osíxeno, regulador, os seus pesos adicionais...), ou investigadores nun laboratorio equipado cos seus potentes microscopios, ou analizar partes reais do rei dos mares: unha quenlla!... En definitiva, puideron sentirse científicos por un día! Moitísimas grazas Equipazo do CSIC por transmitirnos a vosa ilusión e por proporcionarnos unha inesquecible xornada da Muller e a Nena na Ciencia! A vosa presenza deixou pegada en todo o noso alumnado. Sen dúbida seredes os responsables de sementar en moitos deles o seu interese por un futuro científico!
Moitas grazas Luísa, Jaime, Ana, Rebeca Paola, Patricia, Laura, Lucía e Clara pola vosa gran achega ao mundo da Ciencia e a gran experiencia que nos fixestes vivir nesta intensa xornada!!
Aquí vos deixamos un moi breve resumo en imaxes da xornada vivida:
23 febreiro
Día de Rosalía de Castro na Biblioteca
Un ano máis, a nosa Biblioteca encheuse de poesía para conmemorar o nacemento da autora con máis representación na literatura galega.Foron necesarios dous días de recital para poder facer un oco ao numeroso alumnado que acudiu á chamada para render homenaxe á gran escritora e poeta.
un ambiente cálido e emotivo que deixou patente que a obra de Rosalía deixou
desdibuxa nin se borra co paso do tempo.
Grazas a todos os participantes que, coa vosa presenza e a vosa ilusión, lograstes facer desta xornada un acto tan especial!
E, grazas tamén aos equipos de Dinamización e Tics que colaboraron achegándonos o poemario, e un orixinal agasallo de Rosalía para obsequiar a todos os participantes, como recordo desta xornada.