domingo, 17 de diciembre de 2023

 15 Decenbro

Club de Lectura de Adultos

Este venres, a biblioteca foi un torvellino.
Tras a extraordinaria sesión de "Contacontos de Familia", deu comezo a esperada sesión do Club de Lectura de adultos.
A obra elixida era " Infamia", de Ledicia Costas.
Unha obra na que a autora mostra como o ser humano pode chegar a ser destrutivo ata límites que lle sitúan fóra de toda humanidade, cando é guiado polos seus medos, pola súa fraquezas ou pola prepotencia que lle outorga o sentirse escudado pola autoridade que lle ven dada pola súa posición. Ningún estamento está exento de presentar individuos destrutores dado que non están conformados por robots ou deuses senón seres humanos coas súas virtudes, os seus defectos e a súa vulnerabilidade.
Policía, Xuíces, sacerdotes... todos eles son seres humanos dispostos a prestar unha función de servizo á sociedade. O problema chega cando eses seres humanos, cunha misión tan especial como é protexer a nosa fraxilidade, non cumpren coa súa encomiable misión senón que aproveitan o seu status para infrinxir as leis, usalas no seu propio beneficio ou esconder os delitos máis deleznables.
Non se xulga na obra á autoridade en si, (non sería sensato), senón aos individuos que se aproveitan dela ou miran a outro lado. O desenlace descobre como tomadas a tempo as medidas correctas evitaríanse tantas atrocidades. A educación é a arma máis poderosa, como dicía Nelson Mandela. Se educamos ao home este cambiará e con iso cambiará o mundo. Pero, para un mundo mellor, cada home debe ser mellor! Porque, se cada home é mellor, é boa persoa, entón non importa se é policía, xuíz, profesor ou sacerdote, avogado ou médico, carniceiro, vendedor de froita ou panadeiro... porque será un bo policía, un bo xuíz, un bo profesor, un bo sacerdote, un bo avogado, un bo médico, un bo carniceiro, un bo vendedor de froita, un bo panadeiro...

Moitas gracias a todos os membros pola vosa participación e vémonos na próxima sesión!


No hay comentarios: