1 Decembro
Un "Recuncho diverso" para o Día da Diversidade Funcional
Nel, atoparon un conxunto de lecturas adaptadas a necesidades específicas TEA, e tamén puideron introducirse no mundo braille, experimentando non só coa lectura de contos senon tamén coa escritura!
Unhas plantillas con instrucións de uso, lles permitiron escribir os seus propios textos!
Unha mensaxe secreta atraía a súa atención. Enseguida afixéronse ao material e probaron a súa pericia descifrando a mensaxe.
Unha práctica moi instructiva que lles transportou a un mundo diferente cunha linguaxe específica que, do mesmo xeito que a lingua de signos, segue a permanecer case invisible na nosa sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario