Último encontro co Club de Lectura de 3º B
Con ilusión por reencontrarse unha vez máis, pero coa sombra de tristeza que cobre unha despedida, os membros do Club de Lectura de 3º B reuníronse para a súa última posta en común.
O Club, elixiu como última lectura un exemplar da serie de Isaac Palmiola: "Perrock Holmes y el fantasma de la mala leche".
Pasaron un intre entretido coa súa lectura. E, a pésima relación entre os dous investigadores protagonistas, deunos pé para analizar as relacións reais que os membros do Club manteñen cos seus irmáns: reflexionaron sobre os aspectos positivos e os menos positivos de ter irmáns maiores e, mesmo, confesaron algunha travesura que aquí non podemos desvelar.A conclusión é que: os irmáns son os cómplices perfectos para as travesuras, os mellores amigos que che acompañarán toda a vida , e , quen mellor te coñecen debido a que compartiron os teus desgustos e alegrías desde a túa infancia. Por iso, merécense todo o agarimo e o perdón do mundo aínda que, en ocasións, sintamos desexos de “envialos moi lonxe” para ter un pouco de paz.
Ademais, na súa derradeira sesión:
Como colofón do súa breve pero intensa aventura como Club de Lectura, quixeron deixar reflectida nun mural, unha pequena sinopse das sabias mensaxes que as lecturas elixidas transmitíranlles.
Desde o sabio consello; " Enche as páxinas do libro da túa vida con paixón… dando o mellor de ti mesmo ", (do libro: A mensaxe dos paxaros), á sabia advertencia: "Non escoites a voz da vaidade. Se humilde", (do libro “Rita e os ladróns de tumbas”: .
FELIZ VERÁN,
No hay comentarios:
Publicar un comentario