O Club de Lectura de 5º A fai a súa derradeira reunión.
Os ávidos lectores do Club de Lectura de 5º A, elixiron para as súa última sesión a tenra, divertida e orixinal obra de Jordi Sierra i Fabra: “Querido hijo estás despedido”.
A lectura levoulles a
un divertida pero interesante reflexión sobre as concesións que os pais inician
facendo aos fillos e, estes, acaban, co tempo, entendendo que son as súas
obrigacións. Por exemplo: A nai comeza recollendo a roupa do chan e, co paso do
tempo, o fillo, afeito a iso, acaba entendendo que é a súa obrigación facelo. Os
reproches buscan corrixir os seus erros. Pero a súa desobediencia non ten nunca
consecuencias e, co tempo, o fillo entende que son só unha cuestión puntual de
enfado polo que non fai nada por cambiar…
Pero… Pode unha nai
despedir ao seu fillo?
Esta pregunta dividiu aos membros do Club de Lectura e deu lugar a un debate moi divertido. Aínda que a algún dos membros, a nai do protagonista pareceulle unha nai moi cruel, a outros, menos alleos ao problema que Miguel supón para a súa nai, o despedimento pareceulles unha medida moi xusta.
Naturalmente, todos os
membros do Club recoñecéronse fillos perfectos, pero iso non lles impediu
recoñecer que debía haber “algunha lei” que defendese ás nais dos abusos dos irmáns maiores
adolescentes que converten a súa habitación no seu “reino” e a casa nunha
extensión do seu reinado no que a orde, a limpeza e a obediencia, son
prescindibles e de aí a súa ausencia.
A súa conclusión final foi moi reveladora: “Os pais son para querelos e o fogar só é fogar
se todos sumamos de modo divertido a nosa colaboración para mantelo limpo,
ordenado e "¡visitable!",
por se aparece algunha visita inesperada...” Je, je...
FELIZ VERÁN, CAMPEÓNS!!
RODEÁDEVOS DE MOI BOAS LECTURAS E VÉMONOS O PRÓXIMO CURSO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario