sábado, 19 de enero de 2019

Venres 18 de Xaneiro

Volve o Taller de Escritura!

Ponde a imaxinación en marcha, dade renda solta á vosa creatividade, tomade bolígrafo e papel e... a divertirse!

Nun mes no que lembramos o importante que é sementar paz nos nosos corazóns para sentila e poder así transmitila aos demais... poderedes pór en práctica a vosa capacidade para cambiar os sentimentos negativos que, con frecuencia, nos impiden vivir en harmonía, por aqueles que nos fan sentir ben a  nós mesmos e aos que connosco conviven, xogan e traballan.
Coas palabras que se vos dan, creade un relato que nos faga chorar de satisfacción. Onde un mundo ao revés se pon ao dereito e volve a brillar nel a harmonía, a fraternidade, a amistade, a empatía, a boa xestión dos sentimentos e emocións propios...

Moitas gracias Sofía e Elsa pola vosa gran idea. 

As mesmas Elsa e Sofía elixiron as palabras e as escribiron para vos.  
Non faltedes o Xoves!
Divertídevos creando e o xoves veremos cómo cambiades vos o mundo para facer del un lugar máis fermoso.

Ata o xoves 24!  Vémonos!


No hay comentarios: