Mércores 23 de Xaneiro
Nos visita Ángeles Escribano:una maestra muy especial. Impulsora incansable de nuestras dos Bibliotecas, a través de sus Clubs de Lectura, sus Talleres de Escritura y su gran labor como miembro de Interteatro, ayudó a modelar una mente crítica, a perder los miedos y potenciar la autoestima, a los muchos alumnos que han podido disfrutar sus numerosas actividades.
Os alumnos de 5º
de educación primaria tivemos a sorte este mércores de contar coa súa visita. Falounos do
escritor Roald Dahl, contounos un pouco da súa vida e como chegou a ser
escritor. Ensinounos varios libros escritos por el, dos cales coñeciamos algún,
por exemplo, "As bruxas", "O xigante bonachón", "Os
Gremlins", "Charlie e a fábrica de chocolate" ou
"Matilda". Descubrimos que moitos deles foron levados a películas.
Gustounos moito
todo o que nos contou e ademais deinos a oportunidade de xogar mentres
representabamos os libros do autor para que os compañeiros adiviñasen os
títulos.
Tamén nos falou
dun libro "A alfombra máxica", escrito por un amigo dela, Juan Carlos
Martín Ramos, quen nos
mandou uns vídeos xa que non puido vir a coñecernos en persoa. Dámoslle as
grazas por iso tamén.
Esperamos que
poida volver noutra ocasión; xa que se nos fixo curta a actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario