Compartimos coas persoas maiores algunhas das actividades do noso Proxecto de centro deste curso.
Despois dunha magnífica presentación a cargo de Jorge e Iria, practicamos coa Cinta de Moebius e contamos coa colaboración de tres voluntarios do centro que quedaron sorprendidos dos resultados e falamos dos usos que actualmente ten esta estratexia matemática.
A continuación, outros rapaces fixeron dúas actividades divertidas co tema do equilibrio e o centro de gravidade e explicáronas moi ben.
Sira, que tiña moitas ganas de participar nesta visita desde que era pequeniña hai uns anos, viu cumprido o seu desexo e ela quixo ler un poema de Fran Alonso do libro "Cidades".
Tamén acompañounos esta vez Marisé e fixo unha demostración do que pasa cos cores e a percepción dos nosos ollos dependendo da luz.
Antes de marchar, deixamos como agasallo unha macetiña con margaridas azuis feita con material de reciclaxe.
Gustounos o significado que An Alfaya transmitiunos nunha das súas visitas do que representan para ela as margaridas azuis das que fala no seu libro "Down", que limos hai pouco.
E quixemos tomar prestado de An este sentimento con estas persoas maiores que nos recibiron con todo o seu agarimo para que souberan que para nós significan iso, que son especiais e que as queremos.
Eles agasallaron aos rapaces cunha manualidade que fixeron e que lles levou moito traballo.
Queremos agradecer ás familias a colaboración nesta actividade.
E un agradecemento especial a Cruz, do Centro de Día, porque grazas a ela compartimos estas vivenzas nestes anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario