Xa queda pouco para celebrar o Día escolar da non violencia e da Paz e queremos aproveitar para recomendarvos lecturas moi interesantes que vos motivarán a reflexionar sobre valores como a solidaridade, a xustiza e a convivencia pacífica.
Podedes atopar estes libros na biblioteca e dialogar, gozar e aprender ao lado dos/as vosos/as mellores amigos/as.
"As persoas que queren cambiar o mundo acostuman ser lectoras, pero non é menos certo que, despois de ler, xorden máis facilmente as ganas de cambiar o mundo." (Blanca Calvo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario